Foros ›
41 MEDIA MARATON DE GRANADA (26/04/25). (CRÓNICA).
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
504 Carreiras
3838 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 06 Abr 2025, 19:23
Asunto: 41 MEDIA MARATON DE GRANADA (26/04/25). (CRÓNICA).

Imos co próximo reto fora de Galicia, esta gran media maratón, que ano tras ano bate seu récord de inscritos, agotando as mesmas. Eu tiña moitas gañas de correla, pero sempre era o 1º finde de maio, coincidindo do día da nai, motivo polo que non a correra ata agora.
As inscripcións abriron o 24 de Xaneiro as 9h. eu a esa hora estaba voando a Valencia para ir correr a media de Castellón, polo que encarguei a unha filla para facelo, houbo un aluvión de peticións na plataforma, tal e como nos pasou eiqui para Os 21 do Camiño. Podendo inscribirse despois de moitos intentos, pero non lle cobraron a mesma, pola saturación que había na pasarela (paguei uns dias despois os 25€, primeiro tramo, ata o dorsal 2500)
Nas redes sociais había infinidade de protestas, xa que os 6000 dorsais esgotaronse en 30 horas e moita xente non o pudo facer, pese a intentalo.
Respecto a carreira, celébrase o sábado pola tarde, tendo un percorrido fermosísimo e tamén moi duro, xa que se sube ata a Alambra e dende o ano pasado transitase polo seu interior e antes outra dura subida ata o Albaicín.
Os derradeiros 3 kms. e case que todo en baixada, asi que en 20 días toca disfrutar/sufrir unha nova experiencia.

mmgranada.es/


Última edición por Kurty o Dom, 27 Abr 2025, 20:38; editado 1 vez
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
504 Carreiras
3838 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 19 Abr 2025, 19:16
Asunto: Re: 41 MEDIA MARATON DE GRANADA (26/04/25).

Hai moito malestar nas redes sociais polo cambio de percorrido, xa que din que para preservar A Alhambra, non imos pasar por dentro, supoño que voltaremos o percorrido que había ata a edición de 2023, xa que o paso pola interior da Alhambra era polo 40 aniversario da media, que foi o ano pasado.

Cambiando de tema hoxe derradeiro adestramento de calidade na carreira de Pascoa de Padrón. 13'3 Kms. a 4'19", gratamente sorprendido polas prestacións.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
504 Carreiras
3838 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 27 Abr 2025, 20:38
Asunto: Re: 41 MEDIA MARATON DE GRANADA (26/04/25).

Xa de regreso desta nova experiencia provincial.
Magnífica media maratón, moito máis dura do esperado, xa que o percorrido a partir do km 10 é durísimo e onte ademáis na saida tiñamos 25º.
Eu saín reservón, sen quentar nada de nada, xa que tanto o venres coma o sábado fixeramos grandes pateadas e facendo entre 10/15 segundos máis lentos os kms. máis chanciños. Eu creo que está no Top 5 de dureza en canto as medias que corrín.
Unha grandísima animación por gran parte do percorrido e nalgúns lugares impresionante os ánimos que nos daba a xente, na subida cara a Alhambra, tiñamos un pequeno pasillo polo que circulabamos..
Hai que ter en conta que entre as 2 probas ,rematamos máis de 5000 corredores, polo que tamén había moitos acompañantes.
Eu contentísimo co meu resultado, xa que hoxe atópome moi ben de pernas e facendo nos 2 derradeiros kms. os mellores parciais da carreira, ainda que eran chanciños con tendencia a baixar, en 4'24" e 4'18" para 1h45'51" neto. Quedando de 866 dos 4687 que rematamos, o que indica ben as claras a dureza desta media maratón, xa que con este tempo quedei moi adiante.
Un saudo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos