Ven, 02 Mai 2025, 12:04
Asunto: X Carreira Popular de San Sadurniño
San Sadurniño volverá a realizar unha nova edición da "Carreira Popular" o domingo 1 de xuño, dentro da décima edición dunha das carreiras populares con máis aceptación de todas cantas se celebran na nosa zona.
A proba ten as inscricións abertas desde hai uns días a través da plataforma emesports.es, ofrecendo circuítos gratuítos de entre 60 e 900 metros nas categorías inferiores e un trazado de 4,9 quilómetros na absoluta (5€), que repite o espectacular percorrido estreado o ano pasado.
Por razóns organizativas, o límite de deportistas volve estar limitado a un máximo de 500 na absoluta.
A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA e as saídas e chegadas concentraranse de novo no arboreto galego da Cortiña -ao pé do paseo fluvial do Xubia.