Foros ›
Dumbría, Correndo pola Costa da Morte
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Solaina

Novo foreiro
Novo foreiro
19/12/19
4 Carreiras
22 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 13 Mai 2025, 13:22
Asunto: Dumbría, Correndo pola Costa da Morte

Abro fío para que me contedes un pouquiño que tal esta carreira, vin q son dúas voltas, cunha costiña considerable, e máis dura que Mazaricos? moitas gracias a todos de antemán, a opinion dos que xa a fixestedes vale de moito!
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
506 Carreiras
3842 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 14 Mai 2025, 16:19
Asunto: Re: Dumbría, Correndo pola Costa da Morte

Eu corrina en varias ocasións, sendo das duras do circuito, ten ademáis varios tramos de pista terra, polo que se está mollado hai que ter coidado.
Non sei que percorrido será este ano, no 2023 cambiarono, pero no 2024 voltaron ao de sempre.
Na web de correndo pola costa da morte, na carreira de Dumbria, ven información sobre os percorridos, pero vendo o enlace que te poño, aparenta non ter tanta dureza como a que ten.

racemapp.com/perfil/1118-10k
Solaina

Novo foreiro
Novo foreiro
19/12/19
4 Carreiras
22 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Mai 2025, 13:45
Asunto: Re: Dumbría, Correndo pola Costa da Morte

Boas, moitas gracias polo aporte, xa vin o track, pero a xente dime que é dura e no track non aparenta tanto, de tódolos xeitos gústame saber as impresións dos que xa a fixestedes Sorriso
Joslem

Foreiro infantil
Foreiro infantil
7/10/12
80 Carreiras
59 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Xov, 15 Mai 2025, 21:41
Asunto: Re: Dumbría, Correndo pola Costa da Morte

Moi boas, alegrome qie Mazaricos fose ben. No caso de Dumbría hai que sumarlle un pouco de dureza. Nesta carrerira hai máis sube baixas..2 voltas chulas que te ralentizan un chisco nas subidas e qie volves a recuperar nas baixadas.para min o máis duro é a subida ao cementerio(parece coña pero asi é). Despois baixas soltando pernas un bo rato.
Solaina

Novo foreiro
Novo foreiro
19/12/19
4 Carreiras
22 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 16 Mai 2025, 14:43
Asunto: Re: Dumbría, Correndo pola Costa da Morte

Pois Joslem o meu gozo nun pozo jajaja, quería mellorar a marca de mazaricos pero sendo así vexoo difícil, a subida ó cemeterio debe de ser a longa que hai q vai ata o dous e pouco non? porque despois vin q era chan con pequenos repeitos. e sempre agradecida polos teus consellos!
Joslem

Foreiro infantil
Foreiro infantil
7/10/12
80 Carreiras
59 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Dom, 18 Mai 2025, 19:28
Asunto: Re: Dumbría, Correndo pola Costa da Morte

Solaina, se vas facer mais carreiras do circuíto, non te preocupes, en Cee, en Corcubión por exemplo fixen marca persoal fai moitos anos porque chegas cunha tempada as espaldas entrenado ben e cun chisco de sorte vas mellorar moito. A de Dumbría,pois o de semrpe, a primeira volta, ao sair da pista de terra no km1 ata o cemiterio regulando sen pasarse, para " entender como afrontala na segunda volta. Vas ter a oportunidade de recuperar desde o cemiterio ata case a meta outra vez porque baixa,llanea e volves a acelerar ata o km 5-6...busca o teu ritmo e se na segunda volta podes, daslle un chisco máis.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos