Lun, 19 Mai 2025, 5:54
Asunto: Re: II Media Maratón Entre Rías, O Grove-Sanxenxo (18/05/2025)
Bos días,
No nivel persoal, a noite anterior paseina mal e estaba para non correr, co que finalizala (aínda que co meu peor tempo de sempre por moito nunha media) xa foi todo un éxito. Se chega a facer algo máis de vento na zona da Lanzada, non sei como acabaría.
A nivel de organización... fatal. Moi poucos avituallamentos: Hai que pensar que moita xente bota máis de dúas horas correndo e lle fai falla ben de auga. Non quero pensar o que pasaría se fixese calor. Mínimo debería haber 3, cando non 4.
Como anécdota, eu ao rematar pedinlle unha botella de auga a maiores e dixéronme que non, que pillase isotónico máis arriba. Ademais, a hora da saída paréceme bastante tardía. E por outra banda, a unha consulta que lle fixen por email, pouco máis que me dixeron que me buscase a vida. Iso si, de forma elegante.
En xeral: unha carreira cun percorrido que é bonito cunha segunda parte sen descanso, pero a organización mal, como dixen ao principio. Poucos avituallamentos, colas enormes ao final para coller un avituallamento post-carreira mínimo, mala información (e pouca) na súa web, etc. Se segue así, que non conten comigo para outra.
Every new beginning comes from some other beginning's end.