Lun, 26 Mai 2025, 12:14
Asunto: Re: Dumbría, Correndo pola Costa da Morte
Boas! A verdade e que moi contenta, non millorei o ritmo de mazaricos, o tempo sí, pero claro é que a min marcoume 9,280 non chegaba os 10, penso que poderían mirar de meterlle esos 700 m que lle faltan dalgunha maneira, que non quero dicir que non me chegaran que ca calor que facía chegoume abondo, ademais que ten unha boa subida pero fíxoseme bastante levadeira, o bo das dúas voltas e que xa sabes como xestionar a segunda.
a volta do cemiterio a verdade é que che mina un pouco o de ver que hai que rodealo, pero penso que é máis sicolóxico que outra cousa. O tramo do camiño de santiago moi bonito e moi necesaria a sombra, moi bo ambiente coma sempre nestas carreiras e outra máis para a saca!
Agora a pensar en Zas! e coma sempre gracias polos bos consellos!