Dom, 08 Xuñ 2025, 17:13            
            Asunto: Re: Zas, Circuito Correndo pola Costa da Morte
          
          
          Respecto a carreira de onte e a variación do circuito, a min gustoume bastante éste. Eu creo que é máis rápido que o do ano pasado, xa que sacando a dura subida de terra ente o Km, 5/6, as outras son moi levadeiras e despois quédanos a derradeira cara a meta, que é a de sempre.
  Ata o km 5 e rapidísima, se te vas de punto vas a pagalo despois, pero  ainda tes moitos tramos chanciños ou con algo de baixada, coma sempre se queda un pouco escaso na medición polo que  din baixado de 45', así que máis que contento.