Dom, 20 Xul 2025, 13:58
Asunto: Re: Carreira Carneiro ao espeto(Moraña. 20/07)
Non lembraba que Moraña fose tan esixente!! Jaja!! O certo é que un tempo antes de comezar deulle por chover e xusto pouco antes da saída o sol apareceu e xa acompañou tódalas probas. Coma decía percorrido esixente a dúas voltas para facer os 10k. Despois dun bucle na saída pola vila a maioría do percorrido realízase polos arredores seguindo a estrada que se mete en zona de arboreda a que se chega despois dunha baixada intensa (que logo hai que subir para voltar pasar polo nucleo da vila). Xa, coma sempre, cada quen vai facendo o percorrido ao seu ritmo. De feito o gañador embolsou 100e por bater o record da proba. O premio final: bo avituallamento nunha mesa que podías coller mazás, plátanos, laranxa, sandía, nectarinas, barriñas cereais, iogures de varios sabores, auga. E logo a pinchada final con empanadas, bocatas, queixo palo santo con jalapeño(nunca o probara), rosca, embutido varios... E todo nun ambiente familiar e moi agradable.
A min gustoume!