Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3291 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 20 Xul 2025, 8:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela: " Abrindo o mercado de verán "

Xa pasou case un mes dende a última entrada no diario, e ningunha destas catro semanas foi exactamente unha semana "standar". Pero vou tendo certa continuidade co ximnasio, e a perna vai recuperando forza.
Hai quince días, falando cun correlega, entereime de que en agosto aínda segue no calendario a Carreira a pe de Lira. E aí entroume o "formighillo", e comecei a botar contas: Se estou a facer saídas de 4 a 5 km trotando media hora , ben me podería atrever coa modalidade de 3 km para ir probando... Así que dito e feito : Xa teño a reserva no hostal de sempre en Louro, e a inscripción cumplimentada, modalidade 3 km. Non hai volta de folla. Isto é volver de verdade... Certo que non vai ter nada que ver con outros tempos gloriosos na Carreira de Carnota, completando heroicamente os 10 km e "cum laude" . Pero volver a ser da partida é un premio xa en si mesmo para min, despois dun ano e medio no que case me chegaron a asegurar que tiña que colgar as zapatillas.

Polo tanto, aínda que sigo a facer case o mesmo, xa non saio a trotar, senón a entrenar. Algún día leveime unha alegría grande, ao ver que facía 5 km a ritmo de 5:35 nas costas de Teis, pero a meirande parte das veces remato ese circuíto a ritmos medios de 6:30 o 7 min/km . O caso é seguir, estar aí. Viva .

A ver que vou conseguindo nestes 15 días que faltan para a carreira.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3291 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 20 Xul 2025, 16:53
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela: " Abrindo o mercado de verán "

Xa pasou case un mes dende a última entrada no diario, e ningunha destas catro semanas foi exactamente unha semana "standar". Pero vou tendo certa continuidade co ximnasio, e a perna vai recuperando forza.
Hai quince días, falando cun correlega, entereime de que en agosto aínda segue no calendario a Carreira a pe de Lira. E aí entroume o "formighillo", e comecei a botar contas: Se estou a facer saídas de 4 a 5 km trotando media hora , ben me podería atrever coa modalidade de 3 km para ir probando... Así que dito e feito : Xa teño a reserva no hostal de sempre en Louro, e a inscripción cumplimentada, modalidade 3 km. Non hai volta de folla. Isto é volver de verdade... Certo que non vai ter nada que ver con outros tempos gloriosos na Carreira de Carnota, completando heroicamente os 10 km e "cum laude" . Pero volver a ser da partida é un premio xa en si mesmo para min, despois dun ano e medio no que case me chegaron a asegurar que tiña que colgar as zapatillas.

Polo tanto, aínda que sigo a facer máis ou menos o mesmo, xa non saio a trotar, senón a entrenar. Algún día leveime unha alegría grande, ao ver que facía 5 km a ritmo de 5:35 nas costas de Teis, pero a meirande parte das veces remato ese circuíto a ritmos medios de 6:30 o 7 min/km . O caso é seguir, estar aí. Viva .

A ver que vou conseguindo nestes 15 días que faltan para a carreira.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3291 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 27 Xul 2025, 11:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Resumo da semana do 21 ao 27 de xullo de 2025:

- Dúas microsesións de sentadillas e exercicios de ponte de glúteos
- 9 km aproximados de sendeirismo pola reserva de Pewly Down e arredores, en Guilford (UK)
- Unha saída ás Catro Pontes e outra pola Balbarda. Distancias entre 4,5 a 5 km, tempos aproximados de media hora. Os ritmos andan entre 6,5 e 7 min/km . Certo que hai que ter en conta calor e as costas inevitables de Teis, pero a realidade é que despois de ano e medio de parón estou a comezar de cero, e non se poden pedir milagres. Polo menos o xeonllo esquerdo segue normal e respondendo, aínda bo é ...
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4299 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 27 Xul 2025, 19:34
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:

- 9 km aproximados de sendeirismo pola reserva de Pewly Down e arredores, en Guilford (UK)

Ostras Meiga, si volaste desde Labacolla a Stanstead es posible que fueramos en el mismo avión.

Yo hice senderismo por Londres una semana, y me llegó, no estoy acostumbrado a andar a paso de menores, ni a subir escaleras mecánicas.

Lo que es la vida.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3291 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 27 Xul 2025, 21:22
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:


Ostras Meiga, si volaste desde Labacolla a Stanstead es posible que fueramos en el mismo avión.

Yo hice senderismo por Londres una semana, y me llegó, no estoy acostumbrado a andar a paso de menores, ni a subir escaleras mecánicas.

Lo que es la vida.
Collimos o avión en Peinador... Xa tería sido épico ir a coincidir en Londres Moi feliz
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3291 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 03 Ago 2025, 8:39
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Resumo da semana do 28 de xullo ao 3 de agosto:

2 sesión de ximnasio, con levantamento de peso morto en barra hexagonal, exercicios de zancada cara atrás e equilibrios
2 saídas de menos de 5 Km ( circuito de ida e volta ás Catro Pontes) . Os ritmos seguen arredor de 6 min/km
2 sesión de agrogym especialmente laboriosas : Unha mañá serrando e cortando unha hedra invasora nun dos minifundios da favela, e outra mañá arrincado ramas das plantas de patacas, e colleitando a primeira tanda noutro dos minifundios . Demasiados xiros para os xeonllos a unha semana vista da carreira de Lira, pero de momento parece que sen consecuencias (cruzo os dedos).

Segundo MeteoGalicia vai haber temperaturas de 26 grados na zona de Carnota e Lira `dentro dunha semana. Despois de estar aquí todo o tempo arredor de 34, case me parece unha temperatura soportable para correr. En fin, a ver que depara o futuro.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos