Foros ›
XXXIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
SheilaBarreiro

Novo foreiro
Novo foreiro
30/08/22
0 Carreiras
5 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 12 Ago 2025, 11:32
Asunto: XXXIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO

Aberto o plazo para inscripción na XXXIX Edición da Carreira Popular de Meaño. Segue a ser gratuita! 14 de setembro.
www.deporticket.com/we...lo-de-meao
Molón
SheilaBarreiro

Novo foreiro
Novo foreiro
30/08/22
0 Carreiras
5 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Ago 2025, 7:21
Asunto: Re: XXXIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO

XXXIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO
Data de celebración: 14 de setembro de 2025
NOVIDADE!!!! Saída circuito mediano(1.600m) e circuito curto (1.070m) ás 10.45h
Saída circuito longo e andaina 6330m ás 11:00h

Normas Xerais da Carreira :
1º A inscrición debe realizarse no prazo sinalado, debendo facilitar os seguintes datos: nome e apelidos, sexo, concello, data de nacemento, DNI, teléfono e, se procede, clube.
Na páxina web: www.deporticket.com/we...lo-de-meao

ATENCIÓN: Inscricions ata o mércores 10 de setembro ás 23.59 horas. En ningún caso se admitirán inscricions fora de prazo, nin o mesmo día da proba, en ninguna categoría, xa sexa competitiva ou non.
2º Facilitaraselle a cada participante o dorsal e o chip correspondente á súa categoría. Deberán colocar o dorsal no peito que xa leva incorporado chip.
3º O dorsal recollerase o día da proba na zona de saída/meta (Praza da feira) entre as 9:00 e as 10.30 h. da mañán (cumprimento estricto de horario).
4º Dado que os dorsais son intransferibles, cada quen debe retirar o seu de xeito individual.
5º O longo do percorrido a Organización establecerá os controis que estime oportunos para a entrega de testemuños ou para seguridade da proba. Estes controis poderán ser fixos ou mobiles e estarán autorizados para descualificar aos participantes que cometan algunha irregularidade ou atenten contra a seguridade individual (tanto propia como allea) ou colectiva durante a proba.
6º Prohibido acompañar aos rapaces. De facelo o neno ou nena terá que ser descualificado.
7º Será motivo de descualificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a sua decisión inapelable.
8º A categoría de chupetes, correspondente a participantes nados no ano 2021 ou posteriores, non ten carácter competitivo, só ten por obxecto fomentar o deporte entre os máis pequenos. A carreira pertencente a esta categoría celebrarase unha vez finalizada a Carreira Popular. (Aprox. sobre as 12:00 h.)
9º A Organización establece unha categoría de ANDANTES (non competitiva), sobre un circuito de 3,5 Km. Os interesados en participar na andaina deberán facer a inscricion na páxina web no prazo establecido e recoller o dorsal o día da Carreira en horario de 9.00-10.30 horas.
10º Recibirán trofeos especiais:1º Clasificado masculino e femenino do Concello (empadroado); Atleta máis veterano e veterana absoluto/a.
11º A Organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes desta Carreira, antes, durante e despois da proba, se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeiros auxilios. Así como tampouco das persoas, que participen na mesma sen estar inscritos na páxina web.
12º Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta proba, a Organización agarda de todos os participantes o mellor espíritu deportivo.
13º O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
14º A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos de estar en bo estado físico e pasado os pertinentes recoñecementos de saúde; autoriza a organización para a utilización da imaxe en publicacións, carteis… para a promoción do deporte.
15º Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Concello de Meaño. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Popular así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito R/ Campo da Feira nº1, 36968 Meaño, xuntando unha fotocopia do seu DNI.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos