Dom, 28 Set 2025, 12:26 Asunto: I Trail Serra Martiñá [04/10/2025]
Pois outro trail que ten boa pinta pero non lle deron moita publicidade/visibilidade nas redes. Non me vou quedar sen intentar que o saquen adiante con boa participación. Sinto non abrir o fío con máis antelación
Info e inscricións en: magmasports.es/es/even...ra-martina
Se podo intentarei estar porque a zona encántame
Dom, 05 Out 2025, 19:44 Asunto: Re: I Trail Serra Martiñá [04/10/2025]
Para que quede constancia por aquí, moi pero que moi satisfeito con esta primeira edición. Percorrido completamente ideal para debutantes, sen zonas técnicas nin nada polo estilo: 18 km con 500m de desnivel, ata a metade de carreira en subida (do km 7 o 9 onde se concentran as subidas máis empinadas no cortalumes), e despois o segundo tramo en baixada.
Trail moi rápido para quen goste de darlle zapatilla, con zonas chulas e panorámica moi chula no punto máis alto. Duchas con auga quentiña e avituallamento postcarreira con cervexa, empanada, callos, chocolate e bica... Non se pode pedir máis! 313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia
Podes publicar novos temas Non podes responder a temas Non podes editar as túas mensaxes Non podes borrar as túas mensaxes Non podes votar nas enquisas Non podes adxuntar arquivos Podes descargar arquivos