Lun, 06 Out 2025, 17:38
Asunto: Re: XI MEDIA MARATON AVILA 05/10/25
Onte ca media de Avila, tachei Castela e León do meu reto, todas as provincias feitas.
Media ben organizada e como xa sabía bastante dura. Levanteime cedo e aparquei o coche cerca da meta e fun andando para o lugar de saida (a menos dun km, por unha senda peatonal) onde entregaban os dorsais, no hotel Sercotel 4 Postes, así que como facía boa mañán, fixen tempo tomando algo na terraza. Alí coincidín cun corredor de Jaen que veu no día a correr a media, algo máis de 4 horas e máis de 400 Kms. de viaxe, ainda hai xente que me supera.
Como a saida era en baixada pronunciada, despois de deixar as cousas no gardarroupa, decidín quentar un pouco.
Saida conxunta cos do 10 K, máis de 1200 inscritos . Despois de 11 segundos paso polo arco e controlando o ritmo, os primeiros 10 kms. todos polo extrarradio, con varias idas e venidas, polo que te cruzabas cos primeiros varias veces.
Paso polo 10 en 47'25", ata ahí menos o 9º que foi en 4'50, todos a unha media de 4'40"máis ou menos.
Pero a partir de ahí xa empezamos a ter máis costas, o 12 e o 13 por riba de 5' Km., pero o 14, 15 e 16 son rápidos outra vez, no 17 durísima subida e despois xa encaramos a zona monumental con subidas e baixadas e moito callejeo, que rompe moito o ritmo, xa estou no 20 que é todo en gran baixada, con adoquín e todos correndo polas aceras, ahí levo un bo ritmo, pero sen tolear, polo que son adiantado por varios corredores, sendo ese km. o máis rápido de todos en 4'26". Para un crono oficial de 1h40'57" , quedando de 211 dos 634 que rematamos.
Moi bo avituallamento final, auga, refrescos e comida en cantidade. Como non tiña presa ningunha, xa que voltaba pasar a noite en Avila, preguntei onde estaba o servicio de fisio e despois duns 15/20 minutos de espera, deronme unha pequena descarga nos xemelos.