Dom, 05 Out 2025, 15:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix
Resumo da semana do 29 de setembro ao 5 de outubro:
Quitando a sesión de ximnasio suave e reducida do luns, e un trofote de escasos 20 minutos o martes pola Guía, non houbo máis actividade deportiva. Non tanto polas molestias do xeonllo dereito como polas circunstancias familiares, que non deron opción a mais. Descanso forzoso que se cadra foi bo para os xeonllos , aínda que seguro que na vindeira saída a Chapela volva sentirme oxidada pola falta e constancia comendo case de cero .
Outro comezo case de cero vai ser o do cambio de ximnasio.
Non estaba mal o sitio ó que ía, pero supoñía moita distancia e tempo en bus.
Para a semana comezo noutro que me queda máis preto e que oferta entreno seguimento máis personalizado . Espero saír gañando co cambio, aínda que vai ser só unha sesión semanal. A ver qué tal resulta