Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3305 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 28 Set 2025, 21:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Resumo da semana do 22 ao 28 de setembro:

Mantiven as dúas sesións de ximnasio, pero só puiden saír a correr o xoves.
Recaída na sobrecarga de glúteos, e o máis preocupante foi despertar este domingo con molestias no xeonllo dereito, sensacións que tiña esquecidas de hai seis meses.
Creo toca eliminar algún dos exercicios do ximnasio.
Cruzo os dedos, e a ver como vai esta semana .
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3305 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 05 Out 2025, 15:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Resumo da semana do 29 de setembro ao 5 de outubro:
Quitando a sesión de ximnasio suave e reducida do luns, e un trote de escasos 20 minutos o martes pola Guía, non houbo máis actividade deportiva. Non tanto polas molestias do xeonllo dereito como polas circunstancias familiares, que non deron opción a mais. Descanso forzoso que se cadra foi bo para os xeonllos , aínda que seguro que na vindeira saída a Chapela volva sentirme oxidada pola falta e constancia comendo case de cero .
Outro comezo case de cero vai ser o do cambio de ximnasio.
Non estaba mal o sitio ó que ía, pero supoñía moita distancia e tempo en bus.
Para a semana comezo noutro que me queda máis preto e que oferta entreno seguimento máis personalizado . Espero saír gañando co cambio, aínda que vai ser só unha sesión semanal. A ver qué tal resulta
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3305 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 19 Out 2025, 21:15
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Resumo da quincena do 6 ao 19 de outubro:
Cero saídas a correr, sobre todo por obrigas domésticas e familiares que de foron cruzando polo camiño.
Varias sesións de leiragim, tamén hai que dicilo.
Este parón ten axudado a facer desaparecer as molestias dos xeonllos, pero creo que o lombo e os glúteos seguen acusando o esforzo do traballo na horta.
Ata o momento levo dúas sesións no novo ximnasio. Abondas para apreciar diferenzas e sacar algunha conclusión. Por exemplo, o tipo de exercicios parecen ir encamiñados a gañar flexibilidade e estabilidade máis que traballar a forza. De momento.
Supoño que terá o seu sentido, aínda que tiña entendido que para temas de osteopenia debería traballar tamén a forza. Haberá que ver como varían as rutinas nas seguintes semanas.
No que estou fallando é na casa. O plan tería que ser facer táboas de exercicios tres veces á semana, e non estou a facer ningunha... Sempre se cruza algunha tarefa de por medio e ao final nunca atopo o momento. Eterna trampa.
Noutras épocas o de anotar aquí os deberes funcionaba. Agora xa non sei eu, pero vou intentar polo menos cumplir nesta semana, a ver se vou collendo costume.
Luns, mércores e xoves, a primeira hora da mañá antes de almorzar. A ver se desta volta son muller de palabra
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4307 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Out 2025, 6:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Venga... disciplina por el diario, aunque sólo sea un poco. "Lunes antes de almorzar...", una niña fue a hacer tablas de core.

Hay que reinventar el refranero, que es un asco.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos