Foros ›
MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Killoke

Experto no foro
Experto no foro
16/06/06
0 Carreiras
3355 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 23 Out 2025, 12:00
Asunto: MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025

Boas tardes a todas e a todos!
É un auténtico orgullo darvos a benvida á Media Maratón máis antiga de Galicia, nada máis e nada menos que á súa 39ª edición!

Case catro décadas de historia, de esforzo, de amizades e de quilómetros compartidos. E este ano, Neda convértese no corazón da carreira, cun percorrido cheo de encanto… e con moitas sorpresas que vos van deixar coa boca aberta!

Esta non é só unha proba deportiva, é unha festa do deporte, da superación e da comunidade. Aquí corren veteranos e debutantes, atletas e soñadores… e sobre todo, persoas que levan no peito a ilusión de chegar á meta.

Así que… ¡imos desfrutar!
¡Preparade o voso mellor sorriso, o voso mellor paso e deixádevos levar pola enerxía desta gran familia da Media Maratón!
Porque hoxe, en Neda, fai historia o deporte galego unha vez máis. ♀️ ♂️
Mugardos

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/07/07
0 Carreiras
63 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Nov 2025, 21:34
Asunto: Re: MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025

Si no me lesiono ,la voy a correr después de 9 años ,a ver si sigue igual.
manuredonda

Foreiro infantil
Foreiro infantil
10/10/11
11 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Nov 2025, 8:00
Asunto: Re: MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025

Un ano mais alí estaremos , a mellor Carreira
maniso

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
4/03/14
1 Carreiras
231 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Nov 2025, 19:43
Asunto: Re: MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025

Alí estaremos!!!!
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
511 Carreiras
3871 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Nov 2025, 21:28
Asunto: Re: MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025

Xa están abertas as inscripcións, a ver se dou ido este ano despois de 2 de ausencia, xa que non coincide ca carreira de Boiro.
Prezo supereconómico coma sempre 7€. Toda a información en:

www.carreirasgalegas.c...a/VjXR56mQ
Killoke

Experto no foro
Experto no foro
16/06/06
0 Carreiras
3355 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 13 Nov 2025, 10:09
Asunto: Re: MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025

Buscamos a un veterano ou veterana da Adolfo Ros!

Se corriches algunha das dez primeiras edicións da Carreira Adolfo Ros, entre os anos 1986 e 1996, e aínda segues correndo hoxe, gustaríanos moito atoparte!

Queremos facer unha pequena homenaxe a esas persoas que foron parte das orixes da carreira, que fixeron grande o atletismo popular e que, despois de tantos anos, seguen mantendo viva a paixón por correr.

E se coñeces a alguén que participase naquelas primeiras edicións, etiquétao ou mándanos unha mensaxe para poder contactar con el ou con ela.

Axúdanos a recuperar un anaco da historia da carreira e a darlles o recoñecemento que merecen ????

#CarreiraAdolfoRos #AtletismoPopular #RunningGalego #HistoriasQueInspiran #OrgulloDoNos





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos