Foros ›
XII Trail do Trega - A Guarda
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
440 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 24 Nov 2025, 10:49
Asunto: XII Trail do Trega - A Guarda

Onte tiven ocasión de participar por primeira vez neste evento e quero escribir algo por se alguén se quere animar en vindeiras ocasións e poida ter unha referencia.

Primeiro quero agradecer o traballo a todas as persoas que colaboraron para sacar un ano máis a carreira adiante. Aplauso

Sobre o evento quero destacar que está moi correctamente organizado, non tiven problema ningún.

* teñen unha web propia onde está dispoñible o regulamento
* enviaron un correo electrónico uns días antes confirmando horarios das carreiras e entrega de dorsais
* a entrega de dorsais era áxil (polo menos cando eu fun)
* a ruta estaba perfectamente sinalizada, son probas curtas e con bastante participación, pero en todo caso era imposible perderse
* os avituallamentos nos lugares establecidos con anterioridade, con auga, froita variada, froitos secos e bica
* a ruta en si é variada e cunha dificultade técnica medio-baixa, apta, na miña opinión, para persoas que queren desfrutar de correr pola natureza sen arriscar (demasiado) a levar un golpe, ou para irlle collendo o truco a esta modalidade. As zonas máis perigosas eran precisamente as escaleiras de pedra que baixaban das antenas Sorriso (50 m.). Abonda o terreo para exprimirte se queres correr (e tes forza) así como para ter un pouquiño de cabeza nas baixadas (non é terreo desfeito e roto).
* en meta había novamente avituallamento e auga abondo, así como unha tapa de callos (garbanzos con cousas)
* fotografías: nin busquei, pero parecía haber unha ou dúas fotógrafas «oficiais», pola pinta Mr. Green , así que debería haber fotos de todas as participantes para lembrar a xornada
* ah! e a camiseta de recordo pareceume moi orixinal e chula Aplauso

non fixo frío e case non choveu nada, polo que tamén puidemos desfrutar dunhas vistas fabulosas sobre o Miño, Portugal e a propia vila de A Guarda.

Animo a calquera que vaia pasar unha bonita mañán correndo en compañía.

para que non todo sexan «flores» Sorriso aquí van dúas situacións que a min teríanme axudado.

Quizás publicar con máis antelación o perfil, aínda que non sexa o «track» exacto, pode axudar a facerse unha idea do percorrido. Coa mesma distancia e desnivel non é igual dúas subidas longas e constantes que sete máis curtas e empinadas. Na web estaba un ou dous días antes (que eu vise).

Non tiven problema para estacionar, xunto ao pabillón, pero non vin no regulamento ou na web unha orientación ao respecto, sobre unha zona recomendada

Persoalmente non me sentín nada forte, por cousas, pero souben adaptarme ás circunstancias e pasei unha xornada moi agradable.

Espero que un par de persoas que vin coxeando estean ben Rezar . Un saúdo ás «rapazas» que levaban camisetas con gatos coloridos, que corrín moito tempo canda elas.

Grazas outra vez.

Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos