Foros ›
MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Killoke

Experto no foro
Experto no foro
16/06/06
0 Carreiras
3356 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 23 Out 2025, 12:00
Asunto: MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025

Boas tardes a todas e a todos!
É un auténtico orgullo darvos a benvida á Media Maratón máis antiga de Galicia, nada máis e nada menos que á súa 39ª edición!

Case catro décadas de historia, de esforzo, de amizades e de quilómetros compartidos. E este ano, Neda convértese no corazón da carreira, cun percorrido cheo de encanto… e con moitas sorpresas que vos van deixar coa boca aberta!

Esta non é só unha proba deportiva, é unha festa do deporte, da superación e da comunidade. Aquí corren veteranos e debutantes, atletas e soñadores… e sobre todo, persoas que levan no peito a ilusión de chegar á meta.

Así que… ¡imos desfrutar!
¡Preparade o voso mellor sorriso, o voso mellor paso e deixádevos levar pola enerxía desta gran familia da Media Maratón!
Porque hoxe, en Neda, fai historia o deporte galego unha vez máis. ♀️ ♂️
Mugardos

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/07/07
0 Carreiras
63 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Nov 2025, 21:34
Asunto: Re: MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025

Si no me lesiono ,la voy a correr después de 9 años ,a ver si sigue igual.
manuredonda

Foreiro infantil
Foreiro infantil
10/10/11
11 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Nov 2025, 8:00
Asunto: Re: MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025

Un ano mais alí estaremos , a mellor Carreira
maniso

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
4/03/14
1 Carreiras
231 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Nov 2025, 19:43
Asunto: Re: MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025

Alí estaremos!!!!
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
511 Carreiras
3876 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Nov 2025, 21:28
Asunto: Re: MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025

Xa están abertas as inscripcións, a ver se dou ido este ano despois de 2 de ausencia, xa que non coincide ca carreira de Boiro.
Prezo supereconómico coma sempre 7€. Toda a información en:

www.carreirasgalegas.c...a/VjXR56mQ
Killoke

Experto no foro
Experto no foro
16/06/06
0 Carreiras
3356 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 13 Nov 2025, 10:09
Asunto: Re: MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025

Buscamos a un veterano ou veterana da Adolfo Ros!

Se corriches algunha das dez primeiras edicións da Carreira Adolfo Ros, entre os anos 1986 e 1996, e aínda segues correndo hoxe, gustaríanos moito atoparte!

Queremos facer unha pequena homenaxe a esas persoas que foron parte das orixes da carreira, que fixeron grande o atletismo popular e que, despois de tantos anos, seguen mantendo viva a paixón por correr.

E se coñeces a alguén que participase naquelas primeiras edicións, etiquétao ou mándanos unha mensaxe para poder contactar con el ou con ela.

Axúdanos a recuperar un anaco da historia da carreira e a darlles o recoñecemento que merecen ????

#CarreiraAdolfoRos #AtletismoPopular #RunningGalego #HistoriasQueInspiran #OrgulloDoNos
lostrego11

Foreiro infantil
Foreiro infantil
4/03/12
100 Carreiras
51 Mensaxes
A CORUÑA
Respostar citando Envío Lun, 17 Nov 2025, 19:10
Asunto: Re: MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025

No tengo coche, si hay alguna persona que vaya desde A Coruña ciudad, podria compartir coche y gastos. Muchas gracias.

lostrego11 @ hotmail.com
lostrego11

Foreiro infantil
Foreiro infantil
4/03/12
100 Carreiras
51 Mensaxes
A CORUÑA
Respostar citando Envío Ven, 28 Nov 2025, 10:14
Asunto: Re: MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025

Creo que o feito de que se cerre o control unha hora despois de que entre o primeiro, fai que a carreira non teña nada de popular, pois deixa fóra a moita xente que seguro que estaría encantada de intentar rematala. Creo que 2 horas 30 estaría ben, como se fai en carreiras mesmo bastante menos duras.
Killoke

Experto no foro
Experto no foro
16/06/06
0 Carreiras
3356 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 28 Nov 2025, 16:53
Asunto: Re: MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025

Xa somos máis de 400 inscritos Bailar
Grazas a todas e todos por formar parte desta edición tan especial!

Exclamación Aviso importante:
Se queres garantir a túa talla de camiseta, debes estar inscrito antes do 4 de decembro.
Ese día faremos o pedido oficial, e a partir de aí non podemos asegurar que haxa todas as tallas dispoñibles.

Frecha As persoas que se inscriban máis tarde
terán que axustarse ás tallas que queden en stock.

Así que xa sabes…
Se queres vestir a camiseta oficial da Volta á Ría coa túa talla perfecta,
inscríbete canto antes!
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
511 Carreiras
3876 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 28 Nov 2025, 17:00
Asunto: Re: MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025

lostrego11 escribió:
Creo que o feito de que se cerre o control unha hora despois de que entre o primeiro, fai que a carreira non teña nada de popular, pois deixa fóra a moita xente que seguro que estaría encantada de intentar rematala. Creo que 2 horas 30 estaría ben, como se fai en carreiras mesmo bastante menos duras.
Boas, pora eso no regulamento, pero por curiosidade busquei as clasificacións do 2023 e 24 e os gañadores fixeron 1h12 e 1h09 e os derradeiros clasificados remataron en 2h27 e 2h21, respectivamente, polo que deixan máis marxen.

E no 2022 o gañador fixo 1h11 e o derradeiro foi o gran Jesus Bernal en 2h24, non chegando ninguén máis despois, xa que o animamos cando chegaba a meta e notabase que 21 Kms. xa lle eran moitos para o home.
Un saudo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos