Lun, 15 Dec 2025, 17:34
Asunto: Re: MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025
Décima participación nesta gran carreira. E o certo que a disfrutei a máis non poder.
Día ideal para correr, estacionamos a carón do pabillón, recollida rápida de dorsal, despois xuntouse algo máis de xente.
Un moi breve quecemento, xa que nos liamos tomando un café e xa nos deixamos quedar dos últimos na saida, tras 43 segundos pasamos polo arco de saida e a coller ritmo, xa que saimos subindo durante un bo treito, 1º km, a 5'12" o 2º máis lento de toda a media, pero enseguida corremos sen atrancos e en nada xa estamos en Fene para encarar a ponte das Pías, vou disfrutando da sensación de correr, regulando nas subidas e sen apurar de máis nas baixadas.
Nen conta me dou e xa pasamos o km 7, levo un 1/3 da media e nin me enterei, caseque todos os Kms. por baixo de 4'50"e algún por baixo de 4'40", adianto a corredores e son adiantado por algún, ainda que vou moi cómodo non teño interés por seguir a ningún, sigo ó meu ritmo, que longa se ve a Estrada de Castela cas suas súbidas e baixadas pero agora toca subir a costa de Xubia a cal xa me exige un pouco, que levamos unha chea de Kms. enriba pero a media xa está feita, derradeira costa de entrada a Neda e apuro o ritmo para conquerir a gratificación de baixar de 1h42' polo meu crono.
Esperei polo meu compañeiro que chegou uns minutos despois e para as duchas, un bo detalle polo encargado das instalacións, que como había moita xente nos vestiarios, mandounos para os do campo de fútbol.
Como ainda non estaba aberta a estrada cando rematamos, tomamos unha cervexiña no bar no que estiveramos a mañán e despois para casiña a xantar.
Graciñas os Concellos implicados no evento e agardo poder acudir a máis edicións.