Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3312 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 28 Set 2025, 21:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Resumo da semana do 22 ao 28 de setembro:

Mantiven as dúas sesións de ximnasio, pero só puiden saír a correr o xoves.
Recaída na sobrecarga de glúteos, e o máis preocupante foi despertar este domingo con molestias no xeonllo dereito, sensacións que tiña esquecidas de hai seis meses.
Creo toca eliminar algún dos exercicios do ximnasio.
Cruzo os dedos, e a ver como vai esta semana .
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3312 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 05 Out 2025, 15:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Resumo da semana do 29 de setembro ao 5 de outubro:
Quitando a sesión de ximnasio suave e reducida do luns, e un trote de escasos 20 minutos o martes pola Guía, non houbo máis actividade deportiva. Non tanto polas molestias do xeonllo dereito como polas circunstancias familiares, que non deron opción a mais. Descanso forzoso que se cadra foi bo para os xeonllos , aínda que seguro que na vindeira saída a Chapela volva sentirme oxidada pola falta e constancia comendo case de cero .
Outro comezo case de cero vai ser o do cambio de ximnasio.
Non estaba mal o sitio ó que ía, pero supoñía moita distancia e tempo en bus.
Para a semana comezo noutro que me queda máis preto e que oferta entreno seguimento máis personalizado . Espero saír gañando co cambio, aínda que vai ser só unha sesión semanal. A ver qué tal resulta
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3312 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 19 Out 2025, 21:15
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Resumo da quincena do 6 ao 19 de outubro:
Cero saídas a correr, sobre todo por obrigas domésticas e familiares que de foron cruzando polo camiño.
Varias sesións de leiragim, tamén hai que dicilo.
Este parón ten axudado a facer desaparecer as molestias dos xeonllos, pero creo que o lombo e os glúteos seguen acusando o esforzo do traballo na horta.
Ata o momento levo dúas sesións no novo ximnasio. Abondas para apreciar diferenzas e sacar algunha conclusión. Por exemplo, o tipo de exercicios parecen ir encamiñados a gañar flexibilidade e estabilidade máis que traballar a forza. De momento.
Supoño que terá o seu sentido, aínda que tiña entendido que para temas de osteopenia debería traballar tamén a forza. Haberá que ver como varían as rutinas nas seguintes semanas.
No que estou fallando é na casa. O plan tería que ser facer táboas de exercicios tres veces á semana, e non estou a facer ningunha... Sempre se cruza algunha tarefa de por medio e ao final nunca atopo o momento. Eterna trampa.
Noutras épocas o de anotar aquí os deberes funcionaba. Agora xa non sei eu, pero vou intentar polo menos cumplir nesta semana, a ver se vou collendo costume.
Luns, mércores e xoves, a primeira hora da mañá antes de almorzar. A ver se desta volta son muller de palabra
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4317 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Out 2025, 6:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Venga... disciplina por el diario, aunque sólo sea un poco. "Lunes antes de almorzar...", una niña fue a hacer tablas de core.

Hay que reinventar el refranero, que es un asco.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3312 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 08 Nov 2025, 12:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Despois da case tres semanas sen actualizar, toca limpar as arañeiras e poñer a axenda ao día.

Levamos un tempo de obras na casa, autoxestionadas, e iso rompeume o ritmo bastante.

Pero nesta mañá de sábado, co ceo case despexado, había que facer oco sí ou sí para unha mínima carreira de 5 km ata as 4 Pontes. A mínima homenaxe pola miña banda ao finado de Jesús Bernal .

Mañá será a San Martiño. Outro ano sen facela, aínda non estou para correr unha 10K en condicións. Pero sigo co ximnasio, mazando os glúteos con exercicios de equilibrio e mobilidade, e tratando de retomar as saídas a correr, dúas por semana . As últimas revisións de fisio (ecografía incluída) dan que o menisco operado vai ben, pero que hai certa inflamación da pata de ganso.

O meu obxectivo é poder comezar a correr carreiras do circuíto de Vigo , distancias curtas, en febreiro do 2026. Pero sobre todo gozar do feito de estar viva, en activo, sen pensar nos ritmos que saen.

E a ver se esta semana, entre man de pintura, lixado , vernizado e untado de masilla reparadora, dou feito por fin de xeito regular os deberes de reforzo muscular.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3312 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 14 Dec 2025, 19:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Os meses pasan cada vez máis rápido , e isto xa case vai pasar de diario a anuario...
Parada non estiven nestas semanas, pero si moi collida co tema das obras , e outros compromisos varios .
Pero por fin parece que nesta última semana estou collendo o ritmo outra vez, e logrei rematar sumando unha sesión de ximnasio e tres entrenos. De momento non subo dos 5 km por si acaso . Se logro manterme así ata fin de ano, xa trataría de subir km en xaneiro.
Plan para a vindeira semana:
Luns, xoves e domingo: circuito das Catro Pontes
Mércores : ximnasio
Martes e venres: táboas de exercicios
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3312 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 21 Dec 2025, 12:46
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Segunda semana en que consigo sumar unha sesión de ximnasio e tres entrenos.
O do luns , como facía sol, vinme arriba e fun ata Arealonga, saltando a facer 1,5km mais do habitual. O da distancia non foi problema, pero despois de case dous anos xa esquecera as costas imposibles que hai que facer no camiño de volta.
O glúteo esquerdo anda algo resentido, pero os xeonllos responden.
Imos camiño de rematar ben o ano, penso eu. Ata o chihuahua rabudo e insufrible que sempre me amolaba no Camiño da Chumba deixóu de ser un problema . Vese que os donos por fin entraron en razón é o teñen debidamente pechado detrás da cancela do patio.
Espero poder repetir como mínimo este ritmo de actividade para a semana, aínda que queden as festas de por medio
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4317 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Dec 2025, 11:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:
Ata o chihuahua rabudo e insufrible que sempre me amolaba no Camiño da Chumba deixóu de ser un problema . Vese que os donos por fin entraron en razón é o teñen debidamente pechado detrás da cancela do patio.

Meiga. Que no se diga. Un chiguagua es poca cosa. Puedes: correr con palo, hacer el método clásico de coger la piedra o el más clásico aún de la patada. Pero el último entra en conflicto con la legislación vigente.

Me parto.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3312 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 22 Dec 2025, 12:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:
Meigalicix escribió:
Ata o chihuahua rabudo e insufrible que sempre me amolaba no Camiño da Chumba deixóu de ser un problema . Vese que os donos por fin entraron en razón é o teñen debidamente pechado detrás da cancela do patio.

Meiga. Que no se diga. Un chiguagua es poca cosa. Puedes: correr con palo, hacer el método clásico de coger la piedra o el más clásico aún de la patada. Pero el último entra en conflicto con la legislación vigente.

Me parto.

Precisamente usaba sempre o método da pedra, que tiña que lembrar coller con anterioridade a altura do parque da Riouxa. Agora e un descanso poder ir coas mans libres , e ata facerlle a burla cando asoma o fuciño pola cancela Moi feliz





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos