Foros ›
LA MITJA. M. MARATON GRANOLLERS (18/01/2026)
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
522 Carreiras
3888 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 22 Nov 2025, 20:03
Asunto: LA MITJA. M. MARATON GRANOLLERS (18/01/2026)

Como a vida da moitas voltas, a filla que tiña en Melilla, cambiou para Barcelona este mes, polo que non puden participar por 3º ano consecutivo na media de Melilla, que foi o domingo pasado..
Así que mirando o calendario de carreiras na provincia de Barcelona, xa que a sua media celebrase o 15 de febreiro, esgotou os 36000 dorsais (xa a corrín no 2010 sendo 5500 os dorsais daquela). Atopei ésta, que é a 2ª media maratón máis famosa de Cataluña.
Con límite de 8000 dorsais, a cuota de inscripción vai subindo, según o nº de dorsais vendidos, dende o 6 de Novembro xa están no derradeiro tramo, a partir dos 6000. E o prezo tamén é alto. 32 + 3 da licencia de día + 3 se non tes chip amarelo, total 38€, eu paguei 35 por ter o chip.
O primeiro tramo eran 24€ máis os extras, para os primeiros 1000 inscritos.
Ademáis de media hai 2 distancias máis, un 10K e un 5K, sendo unha carreira con tanto éxito non vexo a necesidade de facer outras distancias. Tamén hai carreiras para nen@s.
Varias deficiencias que lle vexo, son a non entrega de dorsais o día da carreira, algo que se pode comprender, pero tampouco dan a opción de recollida noutras localidades, dende Barcelona en transporte público hai máis dunha hora, danche un billete de cercanías gratis, na recollida de dorsal para o día da carreira.
E que a inscripción é intrasferible e tampouco dan devolución en caso de lesión ou similar.
Dan unha bolsa de corredor moi completa, camiseta manga corta, sudadera e gorra marca mizuno, ademáis dan medalla.
A saida é por tandas as 9:30, saen o 5 e 10K, e a partir das 10:30 os da media, con 4 saidas en tan só 5 minutos.
En canto ao percorrido, ten algo de dureza, hai que dosificar, xa que saese de Granollers ata a Garriga, sendo todo ese tramo de subidas e repeitos, así que a volta é ao contrario.

Toda a información na sua web: www.lamitja.cat/
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
522 Carreiras
3888 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 07 Xan 2026, 19:33
Asunto: Re: LA MITJA. M. MARATON GRANOLLERS (18/01/2026)

Pois xa se esgotaron todos os dorsais das distintas distancias, hai duas semanas.
Así que só quedan 10 días e medio para a celebración da mesma, a ver que tal me vai xa que houbo bastantes excesos nestas festas. Polo que onte coma penitencia fixen 16 kms. a 5' por un percorrido con poucas subidas pero ben de sensacións.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
522 Carreiras
3888 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Xan 2026, 18:48
Asunto: Re: LA MITJA. M. MARATON GRANOLLERS (18/01/2026)

Xa de volta de Cataluña, vou facer unha pequena crónica da mesma.
A véspera desplazámonos a Granollers a recoller o dorsal, o que pasa co día antes decateime de que esquencera o chip amarelo en Galicia, mandeille un correo a organización e dixéronme que por 10€ facíanme un dorsal de incidencias, como me pareceu un atraco (por ter o chip aforrabas 3€) xa pagara 32€ pola inscripción, decidín recoller o dorsal e correr sen chip. Non sairía na clasificación, pero a estas alturas tanto me ten.
Xunto co dorsal entregaron 2 camisetas, a de manga longa moi boa pinta, a visera e unha caixa que contiña un kh7 anti cal, e varias cousas de alimentación, quedouse con todo miña filla alí.
Día infernal de choiva a que papamos o Domingo, choveu todo o tempo sen parar nada durante a carreira, polo que xa desluceu todo o que pode envolver a mesma.
Cheguei a Granollers con tempo dabondo, e metínme nun bar a agardar, o gardarroupa era no pabillón, unha odisea poder acceder ó mesmo pola aglomeración de xente.
Puxen un poncho de plástico (corrín toda a media con el) por riba e unha visera que nos deran para protexer da choiva e cando faltaban 3 minutos entrei no meu caixón sen trotar nada.
Houbo varias oleadas na saida e a constante desta carreira é que a ida é como quen dí todo subir ata o km 5 e pico, onde hai unha baixada e despois no 8 hai outra baixada, a volta é ao contrario.
O 1º km o máis lento da carreira en 5'15, ata a localidade da Garriga, todos os kms. uns segundiños, por riba de 5' excepto o km 8. Eu pese ao incordio da choiva regulando moi ben e sen forzar en absoluto.
Despois xa caeron todos por baixo de 5, sendo os 3 derradeiros os máis rápidos en 4'37, 4'39 e 4'28". Rematando polo meu crono en 1h43'46, oficial en 1h47'49" e o posto debeu ser o 2193, xa que me fixei no dorsal do corredor que entrou xunto a min.
Pese o mal día moita animación, non me imaxino como pode ser nun día bo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos