Lun, 26 Xan 2026, 19:39
Asunto: XII MEDIA MARATON PLASENCIA. (01/02/26)
Toca retomar o reto provincial neste 2026 e vouno facer na provincia de Cáceres.
Ainda que en Cáceres hai media maratón, este ano é o 16 de maio polo que coincide co finde das Medias de Lugo e a Entrerrías. Tendo eu como máxima non facer unha media fora se coincide cunha media eiqui, asi que descartada.
Así que tocou buscar alternativas e nun mes de febreiro ausente da media de Coruña imos correr en Plasencia.
Media que tamén ten un 10 k, entre as duas sobre 700 inscritos, esgotaron as inscripcións, percorrido que alterna asfalto, terra e adoquinado, con varias costas considerables, que na sua segunda metade percorre o fermoso casco histórico.
Polo que en 5 días e medio tocará coñecer unha nova media maratón e tachar unha provincia máis.
tickets.runagain.com/i...odalidades