Foros ›
Maratón de Sevilla (15/02/26)
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
341 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Mér, 21 Xan 2026, 10:18
Asunto: Maratón de Sevilla (15/02/26)

Estou anotado á maratón de Sevilla, pero non vou poder correla por lesión. Como estiven agardando ata o último momento, pasóuseme a data de cancelación Muro , e a pesar de que quedan 3 semanas non houbo maneira de que metesen a outro no sitio, así que me teño que comer o dorsal.
Vou ir igualmente a Sevilla, así que recollerei o dorsal. Se a alguén se lle pasou a data de inscripción e aínda lle interesa correla, que mo comente e miramos como facemos Pensando
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
218 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Xan 2026, 12:44
Asunto: Re: Maratón de Sevilla (15/02/26)

Sevilla sempre é bo sitio para ir jaja!!
Eu estiven inscrito pero no seu día tiven que darme de baixa por cuestións familiares nesta finde.
A ver se para o ano...
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
341 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Lun, 26 Xan 2026, 7:47
Asunto: Re: Maratón de Sevilla (15/02/26)

Xertiz escribió:
Sevilla sempre é bo sitio para ir jaja!!
Eu estiven inscrito pero no seu día tiven que darme de baixa por cuestións familiares nesta finde.
A ver se para o ano...
Eu tamén intentei darme de baixa, pero o último día era o 11 de xaneiro (só se contrabas o seguro de cancelación -nada barato, por certo: 15€-), e cando o quixen facer (o 18), xa foi imposible (non sei ben por que). Aínda que o primeiro culpable son obviamente eu, parecéronme moi intransixentes co tema, a pesar de que aínda tiñan a lista de espera aberta e con case un mes para a proba. Teño certo desencanto coa organización, pero bueno, a carreira en si, pinta ben. O dorsal supoño que acabará nunha papeleira en Sevilla, e probablemente máis de un na lista de espera sen poder correr....
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
522 Carreiras
3890 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 26 Xan 2026, 19:46
Asunto: Re: Maratón de Sevilla (15/02/26)

En facebook, hai unha páxina que se chama "mercadillo de dorsales", que é para a venda de dorsales, a cal cando se acercan as datas de celebración de grandes eventos, está moi movida pola oferta e demanda de dorsais.
Esta semana pasada na media de Sevilla ducias de ofertas, xa que ao estar pechado o tráfico ferroviario entre Sevilla e Madrid moita xente non pudo ir.
Sempre é unha opción para recuperar algo do que te valeu a inscripción.

Saudos e a recuperarse.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos