Lun, 23 Feb 2026, 20:18
Asunto: Re: II CARREIRA ETAPA MELIDE-ARZÚA CAMIÑO DE SANTIAGO
Debut nesta 2ª edición, con esta carreira, xa fixen carreiras polo Camiño francés, dende Palas a Melide.
Comentaran que era dura, pero eu a situaría nun peldaño superior a dura. Xa que ademáis das subidas empinadísimas que tiña, había varias baixadas de vértigo, nas que tiña que ir forzando os cuadriceps para frear, menos mal que non choveu.
Contento ca miña participación, xa que non era unha carreira para mirar o crono, fun quen de facer correndo todo o percorrido, ainda que subira lentísimo en moitos tramos.