Lun, 23 Mar 2026, 9:14
Asunto: Re: Diario de Yomismo
Boas, compañeiro.
Mira, co que contaches só me faltou levantar a man e dicir: “presente”. Porque isto que che pasou, aínda que para moitos sexa incomprensible nivel experto, é o pan de cada día para calquera que leve uns cantos anos queimando zapatillas.
O conto ese de “hai que acabar sempre, coma sexa” psss, pra que o merque . Nós xa estamos noutro punto da vida atlética: se o obxectivo non cae, e ves que non cae, seguir é perder tempo e ganas. E iso custa que o entenda o personal, eh? Cando lle dis que paraches porque non ía saír a marca, póñente a cara esa de “pero poderías acabar”… Si, claro que podía, igual ca ti hoxe; poder, podemos todos. Outra cousa é que sirva para algo.
Eu, sen ir máis lonxe, deixei unha maratón no km 36. E non porque fose a morrer alí, que ía enteiro. Poder, podía chegar á meta perfectamente e ata facer o teatrillo final para a foto. Pero xa vira que o tempo se me marchara por un par de minutiños, e en maratón dous minutos son coma unha muralla medieval: ou a derrubas antes do 30, ou xa non hai pico que a rompa.
Así que pregunteime: “E para que vou seguir? Para facer turismo urbano os últimos 6 km?” Pois non. Parei, marchei para casa e ao día seguinte coma novo. E á semana… mellor aínda. Foi a mellor decisión posible, por moito que haxa quen nunca a entenda.
E é que este é outro tema que ti tamén deixas caer e co que estou totalmente de acordo:
os adestramentos din unha cousa… e as competicións outra moi distinta.
E non falla, oh. Vas cunha colección de rodaxes vivos, unhas series que che saen coma un metrónomo, sensacións de carallo, e pensas: “O sub40 cae porque cae”. Logo chega o día, o corpo fai reset, o estómago decide que tamén quere participar, o globo fai o que lle dá a gana… e todo o que tiñas planificado queda para poñelo nun marco.
E non pasa nada. Porque saber que tes a marca non é o mesmo que cadrar o día da marca. Hai unha diferenza que só entende quen compite: podes estar preparado, afinado, motivado e con todo no sitio… e o día D simplemente non sae. E xa está. Sen dramatismos.
O que fixeches hoxe foi o máis sensato: viches o 20:33 no 5k, fixeches as contas mentais, e dixeches “pois para qué?”. E toda a razón: para nada. Para facer de extra nun vídeo promocional e para arrastrar malas sensacións unha semana non paga a pena.
O importante é que —igual que me pasou a min— o que tes nas patas non desaparece. O sub40 está aí, igual ca estaba antes de hoxe. Só fai falta que toque o día no que o corpo se aliña co reloxo e co espírito de corredor cabreado. Ese día cae, si ou si.
E o detalle do compañeiro que te recoñeceu… iso si que vale a pena. Todo o demais é ruído.
A seguir sumando, e cando toque… zas, sub40.
Por certo, sí somos bastantes os que vos leemos (a ti e a Gefreiter) e seguramente moitos "old school" vémonos reflexados aínda que non participemos.