Foros ›
53 M.M.ELCHE 22/03/2026 (CRONICA).
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
528 Carreiras
3908 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 07 Mar 2026, 20:48
Asunto: 53 M.M.ELCHE 22/03/2026 (CRONICA).

Pois este ano vou correr a media maratón máis antigua do mundo, escomenzou a sua andadura no 1964 e a deste ano será a sua 53 edición, estivera a piques de ir a correla na sua 50 edición no ano 2023, pero o final non pudera ser.
A parte da media hai un 10 K. Estando os dorsais das 2 esgotados, por 4º ano seguido e eso que aumentaron o cupo. Sendo 5350 na media e 1150 no 10 k.
Como é unha viaxe programada non hai moito a inscripción saiume cara en total 38€ ca licencia federativa e gastos de xestíón.
Saida moi cedo as 9 da mañán, polo que haberá que madrugar, xa que eses días estaremos en Alicante cidade, a cal non coñezo.
Percorrido chanciño que pasa polo famoso palmeral e outros puntos de interes de Elche.


mediaelche.es/


Última edición por Kurty o Xov, 26 Mar 2026, 22:02; editado 1 vez
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
226 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 08 Mar 2026, 17:54
Asunto: Re: 53 M.M.ELCHE 22/03/2026

Que vaia ben! Eu nesa data óa ir a Nedua de Madrid pero ao fin por asuntos familiares nada, tiven que anular inscrición. Tamén é certo que por Alacante teño gañas de ir nalgún momento.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
528 Carreiras
3908 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Mar 2026, 18:26
Asunto: Re: 53 M.M.ELCHE 22/03/2026

Esta media nótase que ten solera, xa me enviaron un correo co nº de dorsal e moitísima información na web e redes sociais.
Así foi como me enterei de que o sábado hai unha paella party ao mediodía por 7€ por persoa, podendo ir acompañantes, asi que como temos visita guiada por Elche o Sábado, xa aproveitei para mercar os tickets e así xa recollo o dorsal ese día.
Ademáis o sábado teñen un trote de activación e charla co gran Reyes Estévez, que está a facer uns tempazos en media maratón na sua categoría.
Saudos.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
528 Carreiras
3908 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 26 Mar 2026, 22:01
Asunto: Re: 53 M.M.ELCHE 22/03/2026

Cun pouco de retraso, vou relatar como me foi esta nova experiencia fora de Galicia.
Fantásticos días que pasamos pola comunidade Valenciana, con visita a Valencia o día 19 e despois Alacante e Elche, xornadas compeltísimas e de non parar, para aproveitar o tempo.
Respecto a media, o Domingo recolleunos en coche un coñecido das redes sociais, xa que se non tería que ter collido un tren as 6:30 da mañán que sería o único medio de transporte que me axeitaría para estar a hora da saida.
Mañán fresquiña cando chegamos, despois iría o sol picando con forza, ata ser incomodo por momentos.
Como levaba 3 días de grandes pateadas, non quentei nada e cando faltaban 10 minutos fun para o meu caixón, un gran ambiente na partida e os momentos previos o speaker soubo facelos máis que emocionantes e xusto no momento da saida, fume de cores e papeluchos a voar, espectacular.
Despois de case 90 segundos paso polo arco, imos moi lentos debido a gran cantidade de corredores, máis de 6000 entre as 2 distancias,
O 1º Km. o máis lento da carreira en 4'58", despois fun collendo un ritmo uniforme, facendo todos os kms. entre 4'40" e 4'49", percorrido moi corrible, os primeiro kms. nada reseñables, xa que é por largas avdas. con varias idas e voltas.
Eu en todo momento regulando o ritmo, tiña medo de que a partir do 16 as pernas cederan, Depois o percorrido vai cambiando, xa que imos polo centro da cidade e sobre todo un bo treito polo famoso palmeral de Elche.
Quizás a parte máis dura ven nos kms. finais, xa que dende o 19 ata pasar o 20 vai picando cara arriba e nalgún punto con algo de desnivel, pero despois xa é llanear e baixar.
Impresionante a de público que había na zona de meta, eu contentísimo con rematar unha media máis nun tempo neto de 1h41'21",bolsa de avitullamento final correcta sen máis, e entregaron unha toalla, había servicio gratuito de grabación de medalla, o cal non usei e despois festa, nos enseguida collemos un cercanías que nos levou a Alacante, xa que as 16 h. colliamos o tren de volta a Galicia.
Media máis que recomendable, pero non creo que repita, xa que falaronme moi ben das medias de Alacante cidade, Torreviea, Santa Pola e A gran carreira do Mediterraneo, que vai dende Alacante ata Sta. Pola.
Así que si volto a Alacante, cidade que me encantou tentaría de facelo coincidir con algunha delas.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos