Foros ›
VI CROSS SOLIDARIO UNHA TARDE CON SAMUEL ( SANTIAGO )
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1316 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 04 Abr 2026, 17:46
Asunto: VI CROSS SOLIDARIO UNHA TARDE CON SAMUEL ( SANTIAGO )

Organizarase no circuito de Campo a Través do Parque de MONTE DO GOZO en SANTIAGO DE COMPOSTELA, un Cross Solidario para dar a coñecer esta enfermidade e outras recadando fondos para a investigación da enfermidade de distrofia muscular DUCHENNE e BECKER.
Baixo o lema dunha “TARDE CON SAMUEL”, afectado por ista enfermidade rara, organizarase a terceira edición dun CROSS SOLIDARIO que estará baixo o control do Comité Galego de Xuices da Federación Gallega de Atletismo e coa colaboración do Concello de Santiago e outras entidades.
Esta proba de carácter 100% solidario, celebrarase o SÁBADO 25 DE ABRIL 2026, no Parque de MONTE DO GOZO en SANTIAGO DE COMPOSTELA

Inscrición
Ata o mércores 22 de abril de 2026 ata as 23:59h.

Recollida de dorsais
Retirada de dorsais.Os dorsais recolleranse o día venres 24 ABRIL 11h-13.30h/ 16h-20h en ATMOSFERA SPORT(CENTRO DEPORTIVO) SAN PEDRO DE MEZONZO, 28 BAJO en SANTIAGO DE COMPOSTELA e o sábado 25 ABRIL de 10.30h. -13.00h.
Logo recolleranse na zona de saida a partir das 16.00h.

www.carreirasgalegas.c...l/z9zBxZ9q

www.youtube.com/channe...subscriber
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1316 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 07 Abr 2026, 11:40
Asunto: Re: VI CROSS SOLIDARIO UNHA TARDE CON SAMUEL ( SANTIAGO )

Hoxe presentamos o cros do día 25 no Concello.

Tamén tivemos unha bonita entrevista coa prensa en donde se interesaron polo día a día e inquedanzas de Samu, ten moito mérito ser quen de avanzar nesta vida que non o pon doado, esta carreira é unha ilusión para él e para todos.

Agradecidos da colaboración da concelleira de deportes Pilar Lueiro e do presi Iván Sanmartín.


O Monte do Gozo vai a vivir unha xornada de deporte e ilusión ben fermosa Guiño

Animádevos!

www.youtube.com/channe...subscriber


foto_reducida.jpg
Descrición: Presentación no concello
Visto: 41 veces
foto_reducida.jpg






Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos