Xov, 09 Abr 2026, 6:32 Asunto: XI Carreira Popular Concello de San Sadurniño
San Sadurniño acollerá o domingo 7 de xuño a "11ª edición da carreira popular”, unha cita xa clásica no calendario deportivo da comarca que cada ano reúne a centos de persoas amantes do atletismo e da natureza.
A inscrición xa pode facerse en emesports.es, onde figura o regulamento coas distintas categorías e percorridos: os máis pequenos e pequenas poderán participar de forma gratuíta en trazados que van dos 60 aos 900 metros, mentres que a carreira absoluta, de 4,9 quilómetros e cun prezo de 5€
Xov, 09 Abr 2026, 6:35 Asunto: Re: XI Carreira Popular Concello de San Sadurniño
Toda a información relativa ao evento está dispoñible na páxina emesports.es, onde tamén deberán facerse as inscricións. A data límite para anotarse é o 1 de xuño ás 14:00h, e non se admitirán rexistros o propio día da carreira.
O Concello de San Sadurniño conta coa colaboración técnica da Federación Galega de Atletismo, ademais da axuda do club BTT Biela e Chaveta, que irá abrindo e pechando a práctica totalidade das carreiras. Ademais tamén bota unha man a clínica de fisioterapia Fisio che ben, de Bardaos, que instalará un punto para recuperar o tono muscular tralo intenso exercicio.
Podes publicar novos temas Non podes responder a temas Non podes editar as túas mensaxes Non podes borrar as túas mensaxes Non podes votar nas enquisas Non podes adxuntar arquivos Podes descargar arquivos