Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3321 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 30 Mar 2026, 15:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Mes e medio sen entrar aquí, así que hai que ir poñendo remedio.
O plan era ter corrido na contrarreloxo por equipos Alejandro Febrero co resto das compañeiras do clube a primeiros de marzo, pero non puido ser por compromisos familiares. Quedoume moita mágoa pois foi unha auténtica festa. Outra vez será.
Agora o obxectivo está xa aquí á volta da esquina : os 10 km da Minibay o día 12 de abril.
Actividade física desde logo non me falta ( entre ximnasio e sesións intensivas de leiragim , desbrozando, podando e carrexando entullo ) pero a verdade é que levo moi pouco entreno ata o momento. Tampouco podía aumentar moito o volumen pois sigo coa " pata de ganso" da perna esquerda algo inflamada
Este pasado sábado saín a facer un " Chapela ida e volta" . As 16:30 non era o mellor momento, pero era a franxa que tiña. Saíron 9,1 km a 6:20. Pero sen molestias de mención e sen sufrir de caixa en exceso.
O obxectivo é lograr ir a 6 min/km ou por debaixo. Se remato por debaixo de 1 hora xa sería para botar foguetes. Iremos vendo
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3321 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 13 Abr 2026, 12:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela: “ V Mini Bay ”

Teño que admitir que cheguei a este domingo 12 de abril cun nivel baixísimo de entrenos ( un por semana como moito). Pouco descanso , e menos mal que mantiven a sesión semanal de ximnasio.

Así que as expectativas eran baixas. Tiña polo menos o incentivo de ter compañeiro de carreira, un sobriño que xa ten ido conmigo na Carreira de Carnota algunha vez. Como dixo que levaba tempo sen entrenar, o plan era comezar correndo a 6 min/ km , e logo xa iriamos vendo.

Frío e sol cando o noso esforzado utillero nos deixou en Praia América. Ambientazo no arco de saída, con máis de 2000 persoas dando voltas. Cola interminable para ir aos baños, así que nin o intentei. Coincidín antes da saída cun compañeiro do Carma, que igual ca min, renunciara a facer a Media Maratón, no seu caso por non arriscar cunha fisura que aínda non estaba de todo ben.

Despois dos saúdos e quecementos , o meu sobriño Dani mais eu puxémonos na retaguardia á hora de saír, e desde aquela ata rematar o paso de Monte Lourido cara Sabarís, a sensación era de ir que ir zafando dos cóbados da xente. Nunca antes nunha carreira sentira tanto exceso de compañía. Nun deses últimos recortes e rebasamentos, o meu sobriño tirou millas, tocándome facer os últimos 3 km pola miña conta. Foi nese tramo no que rebaisei ao compañeiro do Carma desexándolle sorte.

Aí foi cando comezou a molestar o glúteo esquerdo, e tamén a sensación de rozadura dun par de dedos dentro das zapatillas. Tamén me andaban a amolar as pingas de chuvia empañando as gafas ( se o chego a saber corría sen elas) . Segundo os datos de Championchip, o meu ritmo foi en progresión e corrín máis lixeira nese momento, pero iso non evitaba que a chegada a Baiona me resultase tan interminable coma sempre, e que me fosen rebasando a cada momento.

Cando crucei finalmente o arco de meta o meu Garmin dicía que rematara en 1 hora e 1 segundo. Pero o tempo oficial foi 00:59:59, así que por 1 segundo obxectivo cumprido. Unha auténtica miragre pascual chegar a facer ese tempo, a ritmo medio de 5:41 tendo en conta a inactividade deste trimestre. E ademais poder facelo sen dor , sen calambres, sen inflamacións de mención... Rectifico, amago de calambre nos cuádriceps si que tiven , pero despois da carreira, camiñando costa arriba pola estrada da Virxe da Rocha mais de 1 km para poder chegar a onde estaba o coche.

Pero despois de todo o esforzo, todo rematou en final feliz. Ducha quente en casa, cocido e sobremesa, e un dorsal máis gardado co resto.

Posto 4 de 12 veteranas de + 60
Posto 295 de 979 mulleres
Posto 706 de 1722 persoas chegadas a meta.

Definitivamente estamos de Pascua de Resurección atlética. Agora que dure


Última edición por Meigalicix o Lun, 13 Abr 2026, 16:08; editado 7 veces
Pepemanba

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/05/16
150 Carreiras
89 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Abr 2026, 15:23
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Noraboa Meigalicix!! Qué ben sabe rematar unha carreira cumprindo os obxectivos! A desfrutar da resaca emocional e que veñan máis carreiras satisfactorias!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos