Lun, 20 Abr 2026, 11:09 Asunto: VIII MM Lugo (17/05/26)
Se alguén correu esta media... podería dar a súa opinión para acadar marca na mesma? O que non acabo de ver, é que esté homologada (dicían hai semanas que estaba pendente de homologación). Este fin de semana é o último a prezo reducido (pasa de 18 a 25 euros). A ver se me decido antes...
Graciñas.
Kurty Experto no foro
26/03/05
530 Carreiras
3912 Mensaxes
Lun, 20 Abr 2026, 19:41 Asunto: Re: VIII MM Lugo (17/05/26)
Eu corrín a 1ª edición e despois no 2023 e 2024. O percorrido que ten agora é bastante corrible, son 2 voltas e ten un par de subidas en cada unha, a máis dura a que da acceso ó interior da muralla, pero creo recordar que se contratrestan cas baixadas que ten.
Media moi ben organizada, a que me gustaría voltar, pero coincidindo estes 2 derradeiros anos ca media Entrerrías que a teño a unha hora e case que a metade de distancia, decántome por ésta.
Lun, 20 Abr 2026, 22:27 Asunto: Re: VIII MM Lugo (17/05/26)
Eu participei en varias edicións. Este ano espero regresar e tamén conto con inscribirme este fin de semana.
É unha carreira ben organizada (como todas as de Lugo), e agora xa non poñen obstáculos para entregar os dorsais o día da carreira aos que nos desplazamos.
Levan varios anos coa idea de que traballaban para a homologación do circuito. Aínda que non estaba homologado a medición era bastante aproximada, na miña opinión.
O circuíto non me parece especialmente rápido, pero resulta entretido.
Podes publicar novos temas Non podes responder a temas Non podes editar as túas mensaxes Non podes borrar as túas mensaxes Non podes votar nas enquisas Non podes adxuntar arquivos Podes descargar arquivos