Mar, 21 Abr 2026, 16:17
Asunto: Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en activo
Este luns celebrouse a 130ª edición da maratón de Boston, unha das carreiras máis emblemáticas a nivel mundial e con máis edicións ás súas costas na distancia dos 42k.
Este dato fíxome preguntarme sobre cal será a carreira galega que ten máis edicións ou leva máis anos celebrándose.
Buscando por internet e facendo memoria de carreiras que me chamaron a atención polo número de edicións (que seguramente terían o parón da pandemia), velaí vai un pequeno listado:
- A
Carreira Pedestre Popular do San Martiño (Ourense) desde 1976, coa 48ª edición en 2025.
- A
Carreira Pedestre Popular de Santiago de Compostela desde 1978, coa 46ª edición en 2025.
- A
Clásica de Negreira desde 1978 , coa 44ª edición en 2025.
- A
Carreira Popular de Leiro, coa 42ª edición en 2026.
Non sei se algún foreiro ten máis referencias doutras carreiras, pero estas son as que me veñen á mente, cun mérito enorme por parte dos organizadores para continuar co legado (e tamén dos corredores de varias xeracións, por mantelas con vida).
313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia