Foros ›
Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en activo
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Pepemanba

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/05/16
150 Carreiras
93 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 21 Abr 2026, 16:17
Asunto: Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en activo

Este luns celebrouse a 130ª edición da maratón de Boston, unha das carreiras máis emblemáticas a nivel mundial e con máis edicións ás súas costas na distancia dos 42k.

Este dato fíxome preguntarme sobre cal será a carreira galega que ten máis edicións ou leva máis anos celebrándose.

Buscando por internet e facendo memoria de carreiras que me chamaron a atención polo número de edicións (que seguramente terían o parón da pandemia), velaí vai un pequeno listado:

- A Carreira Pedestre Popular do San Martiño (Ourense) desde 1976, coa 48ª edición en 2025.
- A Carreira Pedestre Popular de Santiago de Compostela desde 1978, coa 46ª edición en 2025.
- A Clásica de Negreira desde 1978 , coa 44ª edición en 2025.
- A Carreira Popular de Leiro, coa 42ª edición en 2026.

Non sei se algún foreiro ten máis referencias doutras carreiras, pero estas son as que me veñen á mente, cun mérito enorme por parte dos organizadores para continuar co legado (e tamén dos corredores de varias xeracións, por mantelas con vida).

313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia
alejo4

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/06/18
30 Carreiras
72 Mensaxes
Pontedeume
Respostar citando Envío Mar, 21 Abr 2026, 18:06
Asunto: Re: Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en activo

Pois a que un referente nas carreiras pola zona de Ferrolterra , a Adolfo Ros que este ano 2026 cumplirá a sus 40 edición.
Läufer

Maratoniano
Maratoniano
1/02/17
0 Carreiras
156 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 21 Abr 2026, 18:38
Asunto: Re: Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en activo

Pepemanba escribió:
- A Carreira Pedestre Popular do San Martiño (Ourense) desde 1976, coa 48ª edición en 2025.

A San Martiño xa a corrín tres veces.

Para o ano vindeiro será a edición 50ª.

Igual pode ser unha boa ocasión para facela outra vez. Seguro que haberá unha participación espectacular, coma sempre. Bailar
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1317 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 21 Abr 2026, 20:33
Asunto: Re: Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en activo

Amaía de Brión vai a pola 43ª edición este ano.

www.youtube.com/channe...subscriber
xpab

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/10/11
0 Carreiras
350 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Mér, 22 Abr 2026, 5:13
Asunto: Re: Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en activo

Parece que tamén son corentonas a San Xiao de Ferrol (42º edición este ano) e o Cross de Santiso (40 aniversario), se ben esta última non teño claro se de forma continua, ou só en formato escolar ata hai uns anos.
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
232 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Abr 2026, 10:30
Asunto: Re: Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en activo

Meaño este ano creo que fai a edición número 40
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
530 Carreiras
3913 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Abr 2026, 18:09
Asunto: Re: Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en

A Carreira de Pascua de Padrón fixo este ano a sua 45 edición.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos