Mér, 29 Abr 2026, 12:13
Asunto: IV Os 11 das Vías - Concello de Cerceda (09/06/2025)
Boas a todos/as!
Deixo por aquí o anuncio dunha carreira xoven, pero que xa coñecedes moitos e moitas… e que este ano volve con ganas!
_ Os 11 das Vías (Cerceda)
_ 9 de maio de 2026
Unha proba moi agradable, combinando tramos de vía verde, camiños e asfalto, con ambiente moi bo e desas nas que apetece correr e quedar despois tomando algo no Bar da Estación (convidan a un pincho os participantes na carreira!).
Para quen non a coñeza:
11K (moito sube e baixa)
Andaina para quen queira algo máis tranquilo
Carreiras de menores
O prazo de inscrición está aberto, e pecha o domingo 3 de maio (ollo cos despistes de última hora ????

)
E ademais este ano ten un punto importante:
Parte da inscrición vai destinada a ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia)
Para min, desas carreiras que:
se corren a gusto
tentamos poñer cariño na organización
e teñen ese ambiente de popular de verdade
Se alguén está dubidando… eu recomendaba non deixala pasar
Déixovos o enlace:
www.carreirasgalegas.c...a/omrYYWl2
A ver se coincidimos nas vías!