Foros ›
Maratón de Boston 20.04.2026
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
oneiros

Novo foreiro
Novo foreiro
7/06/11
10 Carreiras
11 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 11 Set 2025, 20:11
Asunto: Maratón de Boston 20.04.2026

Boas noites,

Abro este fío por 2 motivos:

1.- Se alguén ten pensado ir á Maratón de Boston (por aquilo de ir xuntos, etc)
2.- Se alguén foi en anos anteriores e me pode explicar como son as cousas por alí

Coméntoo porque, ao ser a miña primeira viaxe ao estranxeiro por un tema así (a miña primeira Major) e non me quería complicar.

Non debería ter problema para ter dorsal (a marca que teño é 10 minutos inferior á de corte para a miña categoría, e xa ma validou a organización) polo que para o que solicito axuda e para que algún compañeiro de fatigas me oriente sobre aloxamentos axeitados, cousas que debería facer e cales evitar, consellos para a saída, etc.

En principio mirei de ir cun touroperador oficial malia o pastizal que sería (Boston era a Maratón que tiña na cabeza desde que me puxen a correr en serio, e non me quería complicar buscándome a vida coa viaxe e esas cousas) pero resulta que cando lles consulto xa teñen tódalas prazas ocupadas por xente que son habituais de fai anos: non sei entón para que o anuncian! Enfadado

Toda axuda sería benvida! Graciñas pola vosa atención.

Every new beginning comes from some other beginning's end.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
538 Carreiras
5897 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Mér, 17 Set 2025, 11:56
Asunto: Re: Maratón de Boston 20.04.2026


Kalimero

Foreiro Senior
Foreiro Senior
7/02/10
0 Carreiras
504 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Nov 2025, 15:50
Asunto: Re: Maratón de Boston 20.04.2026

Ola, aínda que con un pouco de retraso contesto ao teu comentario.

A cuestión do aloxamento nas maiors é unha das principais dificultades. en particular, nos EEUU o prezo do aloxamento nos hoteis ese fin de semana é moi caro (na miña opinión prohibitivo).

A miña recomendación é aloxarse en albergues. En particular, no caso de Boston está o HI Boston Hostel. Se o buscas en booking non terá prazas dispoñibles, pero eu si que atopei prazas dispoñibles na web de HI despois do nadal, supoño que as van liberando prazas segundo van tendo dispoñibilidades.

Aínda que os albergues poidan parece unha cousa para a chavalada, polo menos ese fin de semana están cheos de corredores que veñen de todas partes, de xeito que a atmosfera é moi boa. Ademais teñen actividades especificas, tipo cea de pasta a noite anterior que está moi animada.

Por ubicación tamén está moi ben situado para ir andando, a coller os autobuses cara á Hopkinton e para regresar andando dende a meta.

Se podes reservar nese hostel, eu non o dubidaría (PD non son comercial do albergue ;-))

Se tes algunha dúbida especifica podes contactarme a través do privado.
Kalimero

Foreiro Senior
Foreiro Senior
7/02/10
0 Carreiras
504 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 21 Abr 2026, 21:54
Asunto: Re: Maratón de Boston 20.04.2026

Non sabemos como lle iría a Oneiros. A ver se volve a pasar polo foro e nos fai unha actualización.

Da climatoloxía non pode ter queixas.
oneiros

Novo foreiro
Novo foreiro
7/06/11
10 Carreiras
11 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 01 Mai 2026, 9:30
Asunto: Re: Maratón de Boston 20.04.2026

Boas!

Antes de nada, graciñas Kalimero pola recomendación, e especialmente a DoctorSlump que se portou ESPECTACULARMENTE comigo. A ver cando quedamos por Vigo e invítoche a unha caña... ou 2!

Dicir que veño de Boston encantado é quedarme curto. Era a carreira que levaba querendo correr ben de tempo, e sorprendeume para ben: A cidade moi chula, a xente encantadora (unha parella invitoume a comer!) e a carreira brutal.

Ao final incorporeime cun grupo dunha axencia de viaxes. Bastante máis caro do que me sairía só, pero por iso de ser a miña primeira viaxe ao estranxeiro (Portugal non conta Guiño ) quería ir ben tranquilo.

En canto á carreira: Bastante frío, pero ideal para correr. Tardouse moito en cargar os buses (case cerca dunha hora desde que cheguei a Boston Common) e cheguei xustiño á miña saída. Unha cousa que non sabía é que cada bus fai unha soa viaxe, e son 400 buses para toda a xente que vai á carreira. Comentoullo unha condutora a un dos compis: que se pegara unha boa madruga (viña dun pobo nun estado veciño a 4 horas de Boston) para facer unha soa viaxe.
Eu ía nun dos primeiros grupos (2o, curral 7) e segundo baixei do bus xa non esperei nadiña: deixar roupa sobrante, ir a trote a milla e pico que queda desde onde te deixan ata a saída, unha visita rápida aos aseos portátiles (que por certo, hai un monte deles preto da saída) e xa a entrar no curral.

A carreira: moi cabrona. O corpo, ao ser case todo costa abaixo ata o km 28, pídeche correr máis porque vas moi ben de ritmo, pulsacións, etc. Eu xa ía avisado, e de milagre fixen caso aos consellos (tendo moito a fliparme Razz ) O perigo que ten é que por moi ben que vaias, xa non é só polas forzas que gastas, senon pola tralla que lle metes aos cuadríceps. De feito, vin cascar máis xente na baixada da "Heartbreak Hill" que nas subidas.

No meu caso acabei bastante ben, dentro do que pensaba. Levaba unha preparación maliña por causa dunha lesión que me fixen despois dunha boa torta na MM de Pontevedra. Dende aí, fixen Valencia anestesiado e sen preparar, e dende o Nadal vivía con dor case tódolos días na cadeira/perna esquerda. E fixen unha eco que me deixou chof... Ente varias cousas viñen de fábrica cun nervio ciático bífido e en consecuencia un dobre piramidal que me da moitos números para ter o famoso síndrome cada dous por tres.
Total: Coa preparación "boa" ía para acabar ben por debaixo de 3 horas, pero visto tal e como chegaba, quedei moi satisfeito coas 3h05m que rematei. Aparte, o de entrar rodeado por dorsais de xente que chega con mellor marca ca ti é un subidón.

Para o ano que ven, volvo... Se non me toca o sorteo de Londres! Este ano aínda me quedan Chicago e Valencia... e coa de NYC teño dúbidas: teño familia alí, e iso suma gañas!

Vémonos nas carreiras!

Every new beginning comes from some other beginning's end.
Kalimero

Foreiro Senior
Foreiro Senior
7/02/10
0 Carreiras
504 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 01 Mai 2026, 14:56
Asunto: Re: Maratón de Boston 20.04.2026

Moi grazas por compartir a crónica!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos