Ven, 01 Mai 2026, 9:30
Asunto: Re: Maratón de Boston 20.04.2026
Boas!
Antes de nada, graciñas Kalimero pola recomendación, e especialmente a DoctorSlump que se portou ESPECTACULARMENTE comigo. A ver cando quedamos por Vigo e invítoche a unha caña... ou 2!
Dicir que veño de Boston encantado é quedarme curto. Era a carreira que levaba querendo correr ben de tempo, e sorprendeume para ben: A cidade moi chula, a xente encantadora (unha parella invitoume a comer!) e a carreira brutal.
Ao final incorporeime cun grupo dunha axencia de viaxes. Bastante máis caro do que me sairía só, pero por iso de ser a miña primeira viaxe ao estranxeiro (Portugal non conta

) quería ir ben tranquilo.
En canto á carreira: Bastante frío, pero ideal para correr. Tardouse moito en cargar os buses (case cerca dunha hora desde que cheguei a Boston Common) e cheguei xustiño á miña saída. Unha cousa que non sabía é que cada bus fai unha soa viaxe, e son 400 buses para toda a xente que vai á carreira. Comentoullo unha condutora a un dos compis: que se pegara unha boa madruga (viña dun pobo nun estado veciño a 4 horas de Boston) para facer unha soa viaxe.
Eu ía nun dos primeiros grupos (2o, curral 7) e segundo baixei do bus xa non esperei nadiña: deixar roupa sobrante, ir a trote a milla e pico que queda desde onde te deixan ata a saída, unha visita rápida aos aseos portátiles (que por certo, hai un monte deles preto da saída) e xa a entrar no curral.
A carreira: moi cabrona. O corpo, ao ser case todo costa abaixo ata o km 28, pídeche correr máis porque vas moi ben de ritmo, pulsacións, etc. Eu xa ía avisado, e de milagre fixen caso aos consellos (tendo moito a fliparme

) O perigo que ten é que por moi ben que vaias, xa non é só polas forzas que gastas, senon pola tralla que lle metes aos cuadríceps. De feito, vin cascar máis xente na baixada da "Heartbreak Hill" que nas subidas.
No meu caso acabei bastante ben, dentro do que pensaba. Levaba unha preparación maliña por causa dunha lesión que me fixen despois dunha boa torta na MM de Pontevedra. Dende aí, fixen Valencia anestesiado e sen preparar, e dende o Nadal vivía con dor case tódolos días na cadeira/perna esquerda. E fixen unha eco que me deixou chof... Ente varias cousas viñen de fábrica cun nervio ciático bífido e en consecuencia un dobre piramidal que me da moitos números para ter o famoso síndrome cada dous por tres.
Total: Coa preparación "boa" ía para acabar ben por debaixo de 3 horas, pero visto tal e como chegaba, quedei moi satisfeito coas 3h05m que rematei. Aparte, o de entrar rodeado por dorsais de xente que chega con mellor marca ca ti é un subidón.
Para o ano que ven, volvo... Se non me toca o sorteo de Londres! Este ano aínda me quedan Chicago e Valencia... e coa de NYC teño dúbidas: teño familia alí, e iso suma gañas!
Vémonos nas carreiras!
Every new beginning comes from some other beginning's end.