Sáb, 09 Mai 2026, 21:48
Asunto: Re: IV Os 11 das Vías - Concello de Cerceda (09/05/2026)
Pois unha nova carreira que nunca fixera, xa está anotada no meu curriculum
Chegada con tempo ou eso creía, xa que o Gps, mandoume porque yo puxen eu a estación Queixas/londoño, polo que perdín un pouco de tempo por esa incidencia.
Recollida lenta de dorsal, non había moita xente para entregalos e xuntamonos os da carreira, máis os da andaina para recollelos, ahí xa nos entregaron a camiseta.
Un pequeno quecemento e xa nos reclaman para a saida, a un par de minutos da partida empeza a chover e cando saimos arrollounos e cun aire frío, frío, estiven tentado a retirarme, pero pensei que como tiña o coche a máis de 500mts. da saida ia a empaparme igual, así que tirei para diante.
Vaia molladura que pillamos, debeu durar sobre 15 minutos e despois salvo unhas gotiñas cara o final xa nada.
O percorrido os primeiros kms. é bastante rápido, pero a partir do Km7'400 vaia costas que tivemos, además de ser case todo por pista forestal que estaba empapada, algúns corredores andando varios tramos. O percorrido bastante bonito e por ende entretido. Eu satisfeito cos 52'23 que marquei.
Bo avituallamento final e no bar da estación tiñamos unha consumición gratis cun pincho, bocadilliño a escoller entre chourizo ou xamon de iork.
Duchiña quente e reconfortante no pabillón de Cerceda e para casiña.
Ainda que está moi ben organizada e con moitísimo ambiente por haber carreiras e actividades para cativos, non creo que repita, non só pola dureza, senon porque me queda a pouco máis dunha hora da casa e se coincide ca de Mazaricos que está a 20', xa teño doada a elección.
Saudos.