Lun, 20 Abr 2026, 11:09 Asunto: VIII MM Lugo (17/05/26)
Se alguén correu esta media... podería dar a súa opinión para acadar marca na mesma? O que non acabo de ver, é que esté homologada (dicían hai semanas que estaba pendente de homologación). Este fin de semana é o último a prezo reducido (pasa de 18 a 25 euros). A ver se me decido antes...
Graciñas.
Kurty Experto no foro
26/03/05
533 Carreiras
3921 Mensaxes
Lun, 20 Abr 2026, 19:41 Asunto: Re: VIII MM Lugo (17/05/26)
Eu corrín a 1ª edición e despois no 2023 e 2024. O percorrido que ten agora é bastante corrible, son 2 voltas e ten un par de subidas en cada unha, a máis dura a que da acceso ó interior da muralla, pero creo recordar que se contratrestan cas baixadas que ten.
Media moi ben organizada, a que me gustaría voltar, pero coincidindo estes 2 derradeiros anos ca media Entrerrías que a teño a unha hora e case que a metade de distancia, decántome por ésta.
Lun, 20 Abr 2026, 22:27 Asunto: Re: VIII MM Lugo (17/05/26)
Eu participei en varias edicións. Este ano espero regresar e tamén conto con inscribirme este fin de semana.
É unha carreira ben organizada (como todas as de Lugo), e agora xa non poñen obstáculos para entregar os dorsais o día da carreira aos que nos desplazamos.
Levan varios anos coa idea de que traballaban para a homologación do circuito. Aínda que non estaba homologado a medición era bastante aproximada, na miña opinión.
O circuíto non me parece especialmente rápido, pero resulta entretido.
Mér, 13 Mai 2026, 11:38 Asunto: Re: VIII MM Lugo (17/05/26)
Boas,
pois de liebres por agora non atopei nada. Eso si, hai unha nova de hoxe, onde deixa aberta aínda a posible homologación:
"La edición de 2026 podría incorporar otra novedad relevante: la homologación del recorrido. El Concello de Lugo trabajó con la Federación Gallega de Atletismo la tramitación del circuito urbano, lo que permitiría que las marcas conseguidas en la prueba tengan ya validez oficial."
Lun, 18 Mai 2026, 14:25 Asunto: Re: VIII MM Lugo (17/05/26)
Preciosa media maratón: percorrido moi bonito i entretenido, con moitos sube baixa. O de facer dúas voltas permite regular na primeira volta e aumentar ritmo na segunda.
A organización moi correcta no que respecta a carreira durante toda a proba.
O que me pareceu moi mal é que se ofrecen avituallamento ao final da proba, debería haber para todos os participantes e non solo para os primeiros.
Podes publicar novos temas Non podes responder a temas Non podes editar as túas mensaxes Non podes borrar as túas mensaxes Non podes votar nas enquisas Non podes adxuntar arquivos Podes descargar arquivos