Foros ›
XLVIII MEDIO MARATON SABIÑANIGO (24/05) (CRÓNICA)
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
534 Carreiras
3922 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 18 Mai 2026, 19:43
Asunto: XLVIII MEDIO MARATON SABIÑANIGO (24/05) (CRÓNICA)

Este vindeiro domingo retomamos o reto provincial, toca desplazarse ata a Provincia de Huesca, máis concretamente a Sabiñanigo, xa que na capital dende hai bastantes anos xa non se celebra media.
Así que só tiña 2 opcións, ésta ou a Media Maratón Ruta Vino Somontano (Barbastro) o 20 de septembro, a cal tería unha loxística de traslados bastante máis complicada.
Pros desta, é unha das medias maratóns máis veteranas de España, prezo económico, só 10€ (inscrito hoxe), circuito homologado a 2 voltas e o encanto de correr no pre Pirineo Aragonés, polo que imaxino que terá desnivel.

Contra, salvo que cambie respecto o ano pasado, moi poucos participantes, enre as 2 distancias, non chegaron a 300 os que remataron.

www.sabiñánigo.es/me...sabinanigo


Última edición por Kurty o Mér, 27 Mai 2026, 20:41; editado 1 vez
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
534 Carreiras
3922 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 27 Mai 2026, 20:40
Asunto: Re: XLVIII MEDIO MARATON SABIÑANIGO (24/05)

Imos ca crónica desta carreira. O sábado cheguei a Sabiñanigo antes das carreiras infantis e como facía moita calor , decidín sentarme a velas, gran animación nas categorías inferiores. Cando remataron xa fun recoller o dorsal´.
O domingo ainda que a saida era as 9h. xa facía moita calor, así que xa non quentei nada.
Situeime atrás de todos, eramos realmente moi pero que moi poucos.
O percorrido a 2 voltas con bastante desnivel con varías idas e vidas e con moi pouco atractivo, xa que unha gran parte vai por un polígono, ainda que tamén imos pola rua principal desta localidade a Rua Serrablo.
Eu todos os Kms. a un ritmo de 5' mais ou menos, pero a partir do 7, xa noto que non vou fino, pero a partir do 13 o baixón de ritmo é monumental.
Obxetivo rematala. Un sol abrasador que nos ia fundindo rapidamente, marcando do 18 ó 20 a unha media de 5'30", o 21 como tiña baixada fixeno en 5'16", pero a recta de meta que era en subida fixoxeme eterna.
Ademáis ó ser tan poucos corredores a 2ª volta foi case en solitario, xa que no 10 k, remataron 91, pero na media tan só 71.
Unha magoa que teña tan poucos participantes, porque a proba está moi ben organizada, un detalle enorme a de avituallamentos que tivemos, sendo ademáis a maioría deles con auga/isotónica e esponxas.
E o remate auga, isotónicas,coca cola e froita en abundancia.
Huesca tachada no mapa, só me faltan 8 provincias peninsulares, Tenerife e Ceuta. Agardo poder facer unha a finais de Outubro ou primeiros de Novembro.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos