Dom, 21 Xuñ 2026, 16:15
Asunto: Re: XI OS 21 DO CAMIÑO. PALAS DE REI - MELIDE
Impresionante o desplegue da organización e voluntarios onte

Cando, hai uns días, comentei que nos regasen con mangueiras os veciños, non agardaba, nin de lonxe, o de onte. Non sei se son conscientes do ben tan grande que nos facían. Moi ben organizados os postos de hidratación (os "oficiais" e os "improvisados"

) e impresionante a cantidade de xente, maiores e nenos, que había para atendernos

. A verdade é que valoro eso moito máis que calquera avituallamento final, aínda que se publicite moito menos.
Eu, como dixo o compañeiro antes, tamén son dos que ó rematar di que non volve, pero unha vez recuperado, a verdade é que dan ganas de repetir (debe ser por eso de que o cerebro ten memoria selectiva...). Onte, ademáis, rematei especialmente destrozado, pero co mínimo consuelo de que, aínda facendo 4 minutos máis co ano pasado, subín varios postos na clasificación (foi dura para todo o mundo).
Unha pequena "crítica"... que tamén pasou co Cross do Santiso. Hoxe en día, na era da información instantánea, internet, IA.... escápaseme por que hai tanto problema para ver as clasificacións. Supoño que será algo puntual, e a verdade é que non é urxente, pero ó peor pérdese algún podium por culpa de eso (non o digo por min... non é o meu caso, non teño ese "problema"

).
Polo demáis, todo perfecto!