Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
79 Carreiras
3329 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 30 Mar 2026, 15:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Mes e medio sen entrar aquí, así que hai que ir poñendo remedio.
O plan era ter corrido na contrarreloxo por equipos Alejandro Febrero co resto das compañeiras do clube a primeiros de marzo, pero non puido ser por compromisos familiares. Quedoume moita mágoa pois foi unha auténtica festa. Outra vez será.
Agora o obxectivo está xa aquí á volta da esquina : os 10 km da Minibay o día 12 de abril.
Actividade física desde logo non me falta ( entre ximnasio e sesións intensivas de leiragim , desbrozando, podando e carrexando entullo ) pero a verdade é que levo moi pouco entreno ata o momento. Tampouco podía aumentar moito o volumen pois sigo coa " pata de ganso" da perna esquerda algo inflamada
Este pasado sábado saín a facer un " Chapela ida e volta" . As 16:30 non era o mellor momento, pero era a franxa que tiña. Saíron 9,1 km a 6:20. Pero sen molestias de mención e sen sufrir de caixa en exceso.
O obxectivo é lograr ir a 6 min/km ou por debaixo. Se remato por debaixo de 1 hora xa sería para botar foguetes. Iremos vendo
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
79 Carreiras
3329 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 13 Abr 2026, 12:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela: “ V Mini Bay ”

Teño que admitir que cheguei a este domingo 12 de abril cun nivel baixísimo de entrenos ( un por semana como moito). Pouco descanso , e menos mal que mantiven a sesión semanal de ximnasio.

Así que as expectativas eran baixas. Tiña polo menos o incentivo de ter compañeiro de carreira, un sobriño que xa ten ido conmigo na Carreira de Carnota algunha vez. Como dixo que levaba tempo sen entrenar, o plan era comezar correndo a 6 min/ km , e logo xa iriamos vendo.

Frío e sol cando o noso esforzado utillero nos deixou en Praia América. Ambientazo no arco de saída, con máis de 2000 persoas dando voltas. Cola interminable para ir aos baños, así que nin o intentei. Coincidín antes da saída cun compañeiro do Carma, que igual ca min, renunciara a facer a Media Maratón, no seu caso por non arriscar cunha fisura que aínda non estaba de todo ben.

Despois dos saúdos e quecementos , o meu sobriño Dani mais eu puxémonos na retaguardia á hora de saír, e desde aquela ata rematar o paso de Monte Lourido cara Sabarís, a sensación era de ir que ir zafando dos cóbados da xente. Nunca antes nunha carreira sentira tanto exceso de compañía. Nun deses últimos recortes e rebasamentos, o meu sobriño tirou millas, tocándome facer os últimos 3 km pola miña conta. Foi nese tramo no que rebaisei ao compañeiro do Carma desexándolle sorte.

Aí foi cando comezou a molestar o glúteo esquerdo, e tamén a sensación de rozadura dun par de dedos dentro das zapatillas. Tamén me andaban a amolar as pingas de chuvia empañando as gafas ( se o chego a saber corría sen elas) . Segundo os datos de Championchip, o meu ritmo foi en progresión e corrín máis lixeira nese momento, pero iso non evitaba que a chegada a Baiona me resultase tan interminable coma sempre, e que me fosen rebasando a cada momento.

Cando crucei finalmente o arco de meta o meu Garmin dicía que rematara en 1 hora e 1 segundo. Pero o tempo oficial foi 00:59:59, así que por 1 segundo obxectivo cumprido. Unha auténtica miragre pascual chegar a facer ese tempo, a ritmo medio de 5:41 tendo en conta a inactividade deste trimestre. E ademais poder facelo sen dor , sen calambres, sen inflamacións de mención... Rectifico, amago de calambre nos cuádriceps si que tiven , pero despois da carreira, camiñando costa arriba pola estrada da Virxe da Rocha mais de 1 km para poder chegar a onde estaba o coche.

Pero despois de todo o esforzo, todo rematou en final feliz. Ducha quente en casa, cocido e sobremesa, e un dorsal máis gardado co resto.

Posto 4 de 12 veteranas de + 60
Posto 295 de 979 mulleres
Posto 706 de 1722 persoas chegadas a meta.

Definitivamente estamos de Pascua de Resurección atlética. Agora que dure


Última edición por Meigalicix o Lun, 13 Abr 2026, 16:08; editado 7 veces
Pepemanba

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/05/16
150 Carreiras
104 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Abr 2026, 15:23
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Noraboa Meigalicix!! Qué ben sabe rematar unha carreira cumprindo os obxectivos! A desfrutar da resaca emocional e que veñan máis carreiras satisfactorias!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
79 Carreiras
3329 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 16 Abr 2026, 19:15
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Pepemanba escribió:
Noraboa Meigalicix!! Qué ben sabe rematar unha carreira cumprindo os obxectivos! A desfrutar da resaca emocional e que veñan máis carreiras satisfactorias!

Grazas polo comentario Pepemanba. A ver se é verdade que despois disto comezo a entrenar como é debido Moi feliz
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
79 Carreiras
3329 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 17 Mai 2026, 17:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da Favela: " VI Carreira de Samil"
Para a xente da organización efectivamente foi a sexta edición , para min foi a segunda. Lonxe queda no recordo a primeira, no 2023, antes da lesión do menisco, cando era quen de correr por area e monte a ritmo de 5:35 ou 5:40 sen despeinarme en exceso.
Desta volta ás miñas expectativas ían baixo mínimos, ou se cadra un piso ou dous máis abaixo . Pese aos ánimos de Pepemanba e a miña intención de recuperar a regularidade nos entrenos, a verdade que foi imposible. Sempre se cruzaban na axenda milleiros de cousas, e de nada serviu o da libreta dos deberes, a cabina de Clark Kent, as consignas de Señora Minducha e outros trucos que funcionaban noutros tempos.
E por riba, hai unha semana, en plena sesión de poda o xeonllo esquerdo quedou perxudicado con tanto xiro e tanto subir e baixar da escaleira de man... Anulei o entreno do domingo, tomei Celecoxib os tres días regulamentarios, freguei mañá e noite a zona con Voltaren, e só o venres pola tarde sain a facer menos de 4 km ata as Catro Pontes, só por comprobar que os xeonllos respondían... Afortunadamente a única zona con molestias de mención foron os pés, por levar mal estirado un calcetín, ter as unllas algo longas e non protexer un callo que me está a sair no dedo mediano dereito.
Sabendo que todo estaba máis ou menos no seu sitio, hoxe collín a liña de meta en Samil con tranquilidade , pero convencida de que ía saír unha carreira lenta, e que sendo 8 mulleres na F4 quedar de 4 xa sería aceptable.
Casi 650 participantes pero só 189 mulleres. Non damos chegado á franxa do 30% máis que en carreiras contadas.
A bo fe que tivemos unha boa mañá para correr, incluso chegou ao picar un pouco de máis o sol no tramo de praia, pero hai que dicir que este ano a area estaba perfecta ( quitando a zona seca, tampouco imos mentir).
Todo ía sobre o previsto ata o momento de cruzar para o piñeiral. Alí saímos das beirarrúas cara un túnel que vai por baixo da estrada , e a zona de baixada onde eu pousei o pe estaba chea de gravilla , vinme escorregando e esnafrándome estrepitosamente pero unha man xenerosa turróu de min e salvoume. Dinlle as grazas e deixéino pasar diante e dixen que lle debía unha.
Non creo que o meu rescatador anónimo entre a ler nada nesta sección de CEG, nin moito menos que visite o blog do noso clube, pero polo menos que conste publicamente as súa deportividade e compañerismo. Se non fose por él , a miña carreira tería rematado de xeito ben distinto. Así que novamente GRAZAS COMPAÑEIRO!.
As voltas polo piñeiral fixéronseme longas, e nalgunha costa abaixo o xeonllo esquerdo deu algún aviso , pero logo pasou.
De volta na praia as sensacións xa era de calor , de ir co cu a rastro e non dar chegado , pero por fin tocou pisar a liña de meta , descansar , volver a saudar a Miriam, Fon e outros compañeiros do clube . Cando me acheguei a Mari e Francisco para preguntar se sabían algo dos resultados quedei pampa: Mari medalla de bronce na F4 ( cousa coa que xa contaba, pois vai coma un tiro no circuíto de carreiras), pero o que non esperaba era ter quedado eu de primeira . A vida dache sorpresas , cantaba o Blades...
As premiacións aínda ían comezar ás 13 horas, co que houbo tempo de ir tomar unha cervexa e logo esperar un longuíiiiisimo tempo de pé a que nos tocase o turno.
Pero ben está o que ben acaba : Dúas nécoras no podium da F4 , lucindo con alegría e orgullo as cores do Carma e do Trigal , e aínda por riba recibindo os agasallos de mans de Julia Vaquero e Jesús España.

Posto 79 de 189 na xeral feminina e 457 de 645 na absoluta.

Penso que non se lle pode pedir máis a esta xornada Moi feliz


Última edición por Meigalicix o Ven, 22 Mai 2026, 14:47; editado 1 vez
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
449 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Ven, 22 Mai 2026, 4:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Aplauso


"mal que ben" o corpo vai aguantando Bailar Desexo que poidas seguir desfrutando así

Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
79 Carreiras
3329 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 16 Xuñ 2026, 21:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela: " X Carreira nocturna Correndo por Vigo"

As últimas semanas gasteinas facendo quendas polos corredores de hospitais para humanos e nas salas de espera de clínicas veterinarias, así que non quedou demasiado tempo para entrenos, só na semana previa para lavar un pouco a mala conciencia e baixa forma.

Cheguei este sábado á zona do mercado da Florida con expectativas baixas e unhas molestias no glúteo dereito e na ingle que tampouco axudaban a subilas.
Esta carreira sempre me resultou dura. Dado o meu perfil frouxo en participacións anteriores, marqueime uns obxectivos realistas: Tratar de rematar en 1 hora e non afurricar co calor nas rampas da Avenida Castelao.

Despois de facer a Carmafoto con Francisco, Mari Carmen e Luis, optei por irme cara a cola do pelotón, prestame máis ir adiantando ao longo do traxecto que sentirme rebasada de seguido.

Tardaron un mundo en dar a saída ( Don Abel é cada vez mais repetitivo e lento nas súas "orixinais" arengas) .

A primeira volta de 5 km aínda tivemos que chupar calor do asfalto. Xa non lembraba o longo que era o percorrido pola Avenida Castelao. No tramo seguinte, xa costa baixo, escoito unha voces por detrás, dicindo o meu nome . Toda unha sopresa ser rebasada nese momento por Montse e o Doutor Slump!!! Canto facía xa que non coincidía con eles. Só uns segundos para intercambiar saúdos en bater àlmas, e xa se foron perdendo da miña vista, sen presa pero sen pausa.

Non me daba chegado o momento do avituallamento dos 5 km. Cando por fin tiven a botella de auga na man, foi man de santo beber un grolo e refrescarme de arriba a abaixo co resto. A segunda volta foi mellor ca primeira, pero non vou negar que os últimos tres km foron eternos. Polo menos o glúteo e ingle non deron guerra e os cordóns das zapatillas aguantaron sen soltarse. Tanto me tiña a xente que me ía adiantando antes da chegada á meta, eu só quería rematar de vez. Non mirei para o Garmin en toda a carreira para non agobiarme. Cando crucei o arco por fin baixei a vista , e segundo o meu reloxo rematara en 58 minutos. Ben por min.

Posto 459 de 673 persoas chegadas á meta
Posto 74 de 191 de mulleres
Posto 2 de 6 veteranas F 4 (a só 7 segundos da primeira).

E o máis bonito: Poder compartir pódium outra vez coa miña compañeira Maricarmen, que segue a manter o seu primeiro posto no circuíto .

Dentro duns días será a carreira de San Xoán. A ver se repetimos foto e resultados, pero vou ter que facerlle un esconxuro á perna dereita mañá no ximnasio Rezar
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
79 Carreiras
3329 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 24 Xuñ 2026, 15:17
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela: " XLII Carreira nocturna de San Xoán"

Esta semana previa á carreira foi de estar en modo "máis dificil todavía" (como dicían no circo). Aos interminables atrancos de conciliación de axenda que veño arrastrando de hai tempo, sumouse unha sobrecarga na perna dereita por mor da carreira da Florida e outras actividades de leiragim. Na última sesión de ximnasio ( o mércores 17) só puiden facer estiramentos controlados, e así ir aliviando a zona do psoas e as dores na ingle. Partindo diso, o plan sería repouso atlético toda a semana e seguir facendo estiramentos, tomando a carreira do 23 como un entreno, seguindo a política de que "menos é máis".

O caso é que o domingo pasado estiven de comida ao aire libre, e estando sentada sentín unha picadura un tanto rabiosa na perna dereita (un mosquito ou quen sabe que , que logrou atravesar a tela do pantalón de verán). No momento non lle dín máis importancia, pero cando me fun deitar pola noite a roncha non tiña moi boa pinta. Puxen desinfectante, pero ao día seguinte pola mañá a ferida supuraba e o muslo estaba vermello e duro coma unha pedra nun radio de 7 cm. Estaba claro que iso non se curaba só. Así que pola tarde fun a urxencias. Recetáronme antibióticos e corticoides para 8 días.

Así que onte pola tarde, cando cheguei á Praza do Rei a recoller o dorsal estaba un pouco coma nunha nube, entre o bochorno ambiental e o colocón pastillero.
Por alí andaba tamén JAGC, recén incorporado ás carreiras, despois de tantos meses inactivo por baixa médica. Comparado con outras veces fixen moito menos quecemento e activación muscular do que tocaría. Pero polo menos houbo un momento para facer Carmafoto algunhas das nécoras que por alí andabamos ( Mirian, Mari e Francisco entre outros) , dedicando a carreira ao noso compañeiro Beavuais, que acababa de sair do hospital e lle toca agora unha tempada de parón e recuperación.

Unha vez máis houbo que aturar a arenga de Don Abel I antes da saída (mira que xa se fai cansino este home por favor) . E a continuación, coma sempre , a estampida tola por Romil e Pi i Margall da serpe multicolor en zapatillas.
Unha calor abafante, e no meu pensamento o mantra de que tiña que regular ben, que a carreira ésta acaba facéndose moi longa.
Durante un tempo tiven no horizonte a referencia de Mirian case ao alcance da man. Mentras me mantivese así sería boa cousa. Pero desta volta ela estaba moi forte e en forma, e perdina de vista definitivamente ao chegar a Tomás Alonso (acabou por sacarme 2 minutos e 18 postos na xeral).
Pouco a pouco xa rebasei a zona de Bouzas e tocaba enfilar o inferno interminable de Orillamar . Que ben viría nese punto unha botelliña de auga, pero a organización desta carreira ano tras ano segue amarrada ao seu argumento de que é unha carreira de 7 km e non de 10, polo que non teñen obriga de avituallar, e polo tanto toca "ajo e agua" Enfadado
Fixen o que puiden. Vin como as rivais de sempre me adiantaban. Ao final fun eu a que no último km acabei rebasando a Francisco e Maricarmen. Costoume rematar por fin e chegar a meta.

Ao final a cousa quedou deste xeito:

Posto 461 de 644 participantes
Posto 95 de 209 na clasificación xeral feminina
Posto 3 de 8 na categoría F4, facendo un tempo de 42:57 minutos a un ritmo de 5:30 min/km

Visto así, tampouco foi tan mal para ser o primeiro entreno nunha semana Moi feliz

Non teño agora obxectivos de carreiras á vista ( aínda que está por aí a de Moraña no calendario, pero non sei eu... ). A ver se polo menos manteño as sesións de ximnasio de xullo e algún entreno de xeito regular. Pero xa sabemos que o camiño ao inferno está empedrado de boas intencións





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos