Sáb, 01 Ago 2026, 14:39
Asunto: Re: Carreira e Andaina da Caniza. 1 de agosto
Ó final era verdade que a dificultade técnica era baixa e tampouco era un desnivel moi esaxerado (400m en 14,4km) pero para completar toda a distancia sen poñerse a camiñar nas zonas de subida, habÃa que estar preparado e mentalizado! Logreino ata o km. 8, pero despois xa tiven algún momento no a camiñada era necesaria para non petar.
Percorrido moi chulo e corrible: subidas, baixadas, un pouco de asfalto entre aldeas, zonas pedregosas e ata un treito metido polo rÃo. Como pasa en calquera primeira edición, sempre hai algún detalle a correxir, pero o balance é positivo (e co bocata de xamón final no concello do xamón, como para non!). Moi recomendable, a ver se continúa no calendario!
313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia