Mar, 20 Out 2026, 7:44
Asunto: Re: V DUBRA TRAIL – SUBIDA O CASTELO DE PORTOMEIRO 18.10.26
Quero agradecer a todas as persoas que
TRABALLARON para sacar este evento adiante

, e agradecer ás institucións e empresas que colaboraron.
A carreira (dúas distancias e andaina) é moi entretida e variada. Unha mágoa que teñamos unha seca tan grande (por motivos máis relevantes que o aspecto estético do monte e os ríos).
Ten os seus camiños por bosque para correr, tombos que subir, pedras e pelouros polos que gatuñar (con cordas

) ... todo no seu sitio. Creo que non había nin 100 metros de asfalto.
O marcado da ruta era
perfecto e había persoas colaborando en calquera cruzamento que puidese ser dubidoso

Os avituallamentos? Non daba tempo a dixerir o do anterior

.
A papatoria final? Excesiva!
grazas polo traballo ao Dubra Team de Bembibre.
Queda 10 minutos de Santiago e estacionas a carón da meta sen problema. Sortean «material» entre as persoas inscritas. Os premios da carreira foron lotes de produtos (mel, chourizo, queixo, etc.). Se para o ano se celebra, considerar visitar Val do Dubra (Portomouro)
Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"