| Kurty escribió: |
| Imos ir cunha pequena crónica desta media. Finde intenso que pasamos por Valladolid dende o venres a tardiña que chegamos un grupo de amig@s, pois adicámonos a disfrutar da gastronomía e dos viños desa provincia, non sendo o máis idoneo para correr unha media, poucas horas de descanso e moito camiñar pola cidade. A organización da media fabulosa en todos os aspectos, non se lle pode pedir nada máis, todos os servicios posibles e unha moi boa bolsa do corredor. Ainda que daban unha previsión de bastante calor, día ideal para correr, a mañán do Domingo empezou con nubes e sen nada de aire e un percorrido chanciño, despois por veces saiu o sol. Fixen un pequeno quecemento e para a parte final do meu caixón de ata 1h40', despois de algo máis de 40 segundos paso polo arco de saida. Moitísima xente, así que pouco a pouco collemos ritmo, obxetivo, ir ca bandeira de 1h40", cólleme ó pouco de pasar o km2 e alí que me pego. Volvín a ter problemas co GPS (está para tirar). Polo que non levei un control dos ritmos. Pero sobre o km 8, xa non empecei a ir fino e a partir do 11 xa me costaba seguir o ritmo, perdía uns mts., volvía a enlazar por veces, aguantei ata o 15, ainda que non baixei moito o ritmo, polo que cheguei a meta a só 17 segundos das liebres de 1h40' que chegaron bastante por riba dese tempo, facendo eu un neto de 1h41'35". Non moi contento co resultado, agardaba baixar de 1h41', pero sendo realista, non estou para nada máis nestes momentos, adestrando só un día por semana e o finde ir de carreiras, xa me parece un tempo moi bo. Ademáis fixen 3 medias maratóns en 3 semanas consecutivas, cousa que nunca fixera e non é o máis adecuado. Proxima media en 3 semanas a de Pontevedra, ca idea de disfrutala moito. |