Mar, 22 Set 2026, 6:08
Asunto: XVI CARREIRA PINGAPINGA. 10OUTBRO. POUCOS DÍAS PRA INSCRIBIR
XVI PINGA-PINGA (sábado, 10 OUTUBRO 2026): Proba do calendario oficial da Federación Galega Atletismo
Continuando co obxectivo de seguir dinamizando o deporte na nosa comarca, o Club Deportivo Pinarium convoca a 16ª edición da Carreira Pinga-Pinga que terá saída e chegada no Campo de futbol da Parroquia de San Tomé de Piñeiro.
REGULAMENTO
1.- XERAL:
Participación:
Poderán participar atletas federados e non federados.
NORMATIVA:
I) A saída darase no campo de futbol de Santomé "Chan de Piñeiro", ao igual ca chegada. No campo de futbol o acceso estará controlado por auxiliares da organización para o bo desenrolo do programa de actividades.
II) Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando estableza a organización e os xuices da competición.
III) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É unha obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.
IV) Será obrigatoria a utilización do dorsal en todas as categorías da carreira. O chip de cronometraxe ofrecido pola organización irá nos dorsais das carreiras sub14-sub16 ata a carreira absoluta, para facilitar o control dos tempos destas carreiras que transcurren polo circuito do exterior do campo de fútbol.
V) Cada participante que se inscribe nesta carreira pon de manifesto e asume a responsabilidade de ter un estado físico apto para completar a proba sen que poda afectar a súa saúde.
VI) A participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirase de acordo co disposto no artigo. do "Reglamento para las competiciones de la temporada de campo a través, marcha, carreras en carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre”. De ser necesario consulten a organización para completar a información desta normativa.
VII) Reclamacións: deberán ser feitas nun prazo máximo de 30 minutos desde a publicación dos resultados oficiais.
VIII) Serán motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, recibir axuda externa ou de motor para completar o percorrido, non levar o dorsal visible para os xuices ou manipulalo ou falsificar datos persoais.
IX) Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e WA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación ou nas RRSS relacionadas coa carreira.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 - 15008 A Coruña.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta desde media hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou desantendimento das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
2.- HORARIOS E LUGAR (Horarios estimados que poden sufrir algunha variación. Recoméndase acudir con tempo suficiente)
Data: sábado, 10 de outubro de 2026
Lugar: Campo de fútbol San Tomé de Piñeiro (Marín)
X ANDAINA, distancia 8 kms aprox. (DESDE A IDADE DE 6 ANOS) ANTES DA CARREIRA DE MAIORES: HORA DA ANDAINA AS 16:00H.
CATEGORÍAS
CATEGORÍAS DE MENORES:
PITUFOS (nados 2019-2020) HORA: 16:45 (DISTANCIA 200m)
CHUPETES (nados 2021-22-23…) HORA: 16:50 (DISTANCIA 100m)
AS DE PITUFOS E CHUPETES SON CARREIRAS NON COMPETITIVAS
BENXAMÍNS (SUB 10):
Hora: 16:05 (nenas)/ (nenos)
Benxamíns = nados 2017 e 2018
Percorrido: 500 mts aprox.
ALEVÍNS (SUB 12):
Hora: 16:15 (nenas)/ (nenos)
Idade: Alevíns = nados 2015 e 2016
Percorrido: 750 mts aprox.
INFANTIS (SUB14)
CADETES (SUB 16), esta categorías teñen 1 € de inscrición polo chip de cronometraxe do circuito exterior
Hora: 16:25 (horario aproximado)
Idades: Sub14- Nados 2013 e 2014
Sub16- Nados 2011 e 2012
Percorrido: 2.000 m aprox. – unha volta pequena de circuito.
MAIORES (CATEGORÍA ADULTOS):
Hora: 17:00h.
Percorrido: 7.500m – tres voltas.
Idade: desde nados en 2010
Categoría Promesa: que agrupa desde Sub18 a sub20, son os nad@s de 2007 a 2010
Sub23 e senior: nados ano 2006 e anteriores (ata os 34 anos)
Masterillo: De 35 a 44 anos
Veteranillo: De 45 a 54 anos
Super veterán: Desde 55 anos xa cumpridos
3.- INSCRICIÓNS, En
www.carreirasgalegas.com:
ANDAINA: 2 € Para os participantes con 14 anos e con máis idade. Idade mínima para inscribir na andaina 6 anos (será gratuita para os máis cativos)
Carreiras CATEGORÍA DE MENORES: Gratuita (excepto os que corren en circuito exterior, que teñen cuota de inscrición de 1 € e levarán chip de cronometraxe e terán clasificación para estas categorías de intantís e cadetes)
Todas as Inscricións na web
www.carreirasgalegas.com
MAIORES: Na web
www.carreirasgalegas.com será a pasarela de inscricións, dorsais-chips e resultados da Categoría Adultos. AS INSCRIPCIÓNS poderánse levar a cabo ATA 7 OUTUBRO as 23:59h.
A inscrición individual dos adultos serán 7€ (1 € de cada inscrición individual será A FAVOR DA AECC- Asociación Española contra o Cancro)
4.- PERCORRIDO:
PERCORRIDO MENORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Cruceiro – Baixada cara o Campo de Fútbol de San Tomé.(1 Volta pequena)
PERCORRIDO MAIORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Bar Stop – Igrexario – Bar o Tobo – Campo de Fútbol de San Tomé.(3 Voltas).
5.- PREMIOS: ENTREGA PREMIOS.
MENORES: @s 3 primeirs clasificad@s de cada categoría recibirán un trofeo (na categoría de pitufos e chupetes tod@s os participantes terán a súa medalla conmemorativa)
MAIORES: Trofeo aos tres primeiros clasificados MASCULINO E FEMENINO das cinco categorías establecidas, exceptuando os 3 primeiros da categoría absoluta. Os 3 primeiros da absoluta levarán o premio da Absoluta (os trofeos non son acumulativos).
Hai Premio para o primeiro e a primeira atleta residente en Marín en completar a proba absoluta: un lote de productos comestibles, por cortesía de Distribuidora Alimentaria do Morrazo.
Na carreira absoluta, recibirán os seguintes premios:
ABSOLUTA MASCULINO
1º - 150 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2º - 100 € e Trofeo
3º - 50 € e Trofeo
ABSOLUTA FEMENINO
1ª - 150 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2ª- 100 € e Trofeo
3ª- 50 € e Trofeo
Os premios se ingresarán por transferencia do clube organizador no prazo de 10 días (premios en concepto de gastos de desprazamento e estancia)
Nota: A organización non lle permitirá a participación na carreira si algún atleta ten algunha sanción por dopaxe en vigor.
Hai Novidades para esta edición. Haberá premio para os primeiros equipos de relevos:
1º equipo de relevos masculino, 1º equipo de relevos feminino e 1º equipo de relevos mixto (no equipo mixto un integrante ten que ser de distinto sexo que os seus compañeiros)
Cada relevista da unha volta ao circuito tradicional da PingaPinga e entregará o testigo ao compañeiro na zona habilitada xunto o reloxo de meta. A cuota de inscrición para a proba de relevos é de 5 € cada integrante. Nesta proba poderán tomar parte desde os nacidos no 2011 e logo das categorías de maiores.
Simultánea coa proba absoluta tamén haberá categoría inclusiva (% discapacidade superior a 33% que deberán reflexalo na inscrición e poderán facer unha volta do percorrido tradicional.
Salientar que nesta edición vólvese a premiar ao corredor/a máis veterán en rematar a proba (independientemente do sexo)
OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITAR A SÚA IDENTIDADE
6.- AGASALLOS
Para os 100 primeiros inscritos da proba absoluta haberá agasallo conmemorativo da PINGAPINGA. Os participantes disporán dun avituallamento completo ao rematar a proba no campo de futbol.
Organiza: CLUB DEPORTIVO PINARIUM, O CONCELLO DE MARÍN, en colaboración coa Comunidade de Montes de Santo Tomé de Piñeiro, Banco Mediolanum e os imprescindibles colaboradores habituais.
Última edición por PINGA-PINGA o Mér, 30 Set 2026, 16:21; editado 2 veces