| Kurty escribió: |
| Eu creo que onte foi o mellor día na miña vida como corredor popular. Chegaba a miña 200 media maratón no lugar onde fixera a 1ª no ano 2004 e vaia sorpresa que montaron os meus amigos e familia sen saber eu nada. Despois da saida cando estaba chegando a ponte de Santiago para cruzar para o outro lado, vexo a unha chea caras coñecidas, cunha pancarta e camisetas conmemorativas animando a rabiar. Emocioneime tanto que contrariamente ó que fago en todas as medias aumentei demáis o ritmo e pagueino nos derradeiros Kms. Fun cun amigo que facía a sua 50 media, ca idea de ir a 1h40', polo que nos pegamos a liebre dese ritmo (debe ser dificil levar un ritmo continuo moito máis baixo do habitual dun), que traballo nos costou coller , xa que levaba un ritmo demasiado rápido, polo km 10 levabamos máis dun minuto de adianto. Así que fun aguantando pouco a pouco pero xusto antes do km15 o cerebro dixo basta e baixada radical de ritmo, o compañeiro quedouse conmigo e sufrindo moito máis do que eu quería din rematada a miña 14 media de Pontevedra en 1h40'38" oficial, gran recibemento en meta do grupo de animación e Terio Carreira, que me fixo unha pequena entrevista na liña de meta. Despois xuntamonos a xantar 30 persoas, xa que nos acompañaron varios compañeiros do club que tamén estaban compinchados os cales me obsequiaron cun trofeo conmemorativo. Saudos e a seguir dando zapatilla mentras se poida. |
| Govi escribió: |
| Alguien sabe donde se pueden ver fotos de la media? Gracias |