Dom, 01 Nov 2026, 19:09
Asunto: III Trail Salvamontes Tameiga
Hoxe participei nesta proba que ten saída e chegada na Cebro Cultural As Pedriñas de Tameiga. Había a proba 16.5k con +650, a proba 10k con +300 e unha proba inclusiva de 1km. Eu participei na de 16.5k cun prezo de inscrición de 12euros. É trail moi corrible e realmente pouco técnico pero que me gusta moito xa que é entretido e hai unha morea de persoas voluntarias polo percurso. O seu percorrido vai ,loxicamente, polos montes de Tameiga chegando a pasar ao carón de Afouteza. Ben é certo que é algo revirado e sen ter un acumulado moi significativo moi boa parte del deben ir en dúas ou tres subidas intensas jaja!!
Polos 12 euros da inscrición tivemos:
-Dorsal
- Boa zona de aparcadoiro
-Camiseta e calcetíns de calidade top
- Avituallamento en carreira
- Bolsa final con bebida, plátano, mazá
- Avituallamento final con melón, froitos secos, galletas, boliños...
- Bocata final feito ao momento de porco ao espeto con bebida
-Duchas
Creo que non se pode pedir máis por ese prezo!!