Lun, 09 Nov 2026, 22:05
Asunto: Re: XXII M.M. TERUEL 07/11/2026 (CRÓNICA
De volta desta nova viaxe, na capital de provincia con menos poboación de España algo máis de 37000 habitantes, coñecida polo seu frío e famosa polo arte mudéjar, os amantes de Teruel e o seu Xamón, como o máis destacado. Ainda que tamén descubrín as construccións modernistas do centro da cidade e os refuxios antiaeros da guerra civil, xa que foi unha das cidades máis destruidas durante a contienda.
Cheguei o venres a tarde e xa aproveitei para facer unha visita guiada na fundación amantes de Teruel. Despois xa fun buscar o dorsal, os organizadores da proba Atletismo Teruel Parque, moi atentos e amables, ademáis moi sorprendidos de que fora dende Galicia a correr.
O sábado tiña unha visita guiada pola mañán, polo que despois de comer xa me quedei a facer tempo dando un paseo e despois nunha terraza ata a hora da saida.
Tarde fabulosa para correr, temperatura moi agradable e nada de aire. Saida e meta no punto neurálxico da cidade a Praza do Torico. Eu como case sempre de moi atrás, non eramos moitos (rematamos 168) así que enseguida paso polo arco de saida e toca dar 3 voltas o percorrido.
Escomenzamos en baixada e ó pouco a constante desta carreira longas subidas ainda que sen un desnivel excesivo, sacando 2 delas dentro do casco histórico e as suas correspondentes baixadas.
Eu co obxetivo de disfrutar da carreira sen ir pendente do crono, e con baixar de 1h45' xa me daba por satisfeito.
Animación non había moita, salvo nos pasos polo casco vello e nalgún sitio puntual. Pese a ser 3 voltas non se me fixo monótono, ademáis había varios grupos de animación e ainda que en cada volta fun empeorando o ritmo, rematei cun máis que aceptable 1h43'36 e forzándome moi pouquiño.
Despois de beber fun a ducharme e voltei, a praza a tomar algo, xa que había un máis que xeneroso avituallamento, aproveitando para tomar uns cantos pedazos de xamón entre outras cousas.
Recordoume moito o fin de festa dos 21 do Camiño, con corredores e resto da xente comendo do que había.
Despois no aloxamento mirando as clasificacións vin que quedei de 4º na miña categoría, sacándome o 3º so 42 segundiños, (os dous primeiros competían noutra liga), de ter sabido que tiña algunha posibilidade de quedar 3º si que houbera forzado a máquina bastante máis.
Contento con facer unha media máis e Aragón finiquitada.
Saudos.