Lun, 16 Nov 2026, 22:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix
Crónicas da favela : I Carrera de las Ciudades contra el Cáncer de Páncreas en Vigo
A primeira edición, e tal e como se portou o Concello de Vigo e as dificultades que tiveron para organizala, teño as miñas dúbidas de que vaia a haber unha segunda
O caso é que a chuvia perdonou e deixounos en paz. O problema foi ter que subir catro veces a rampa interminable desde o pe das escaleiras do Castro ata o o cruce da entrada ao castelo. De pouco valía a baixada pola beira contraria ata pechar o circuito.
A perna esquerda foi resistindo, o que dou mais problemas foi o pe dereito, cun dos dedos medio durmido e unha area que non sei en que momento entrou pero andivo a molestar ata o último tramo .
Ao final rematei en 1 hora e 5 minutos. Posto 33 de 52 mulleres chegadas a meta. A 10 k máis lenta da miña vida, pero non podía ser doutro xeito.
Pero máis que a dureza e o cansancio, o que quero destacar é o gran traballo que fixeron as persoas voluntarias e a xente do CAR Marisqueiro, a xenerosidade nos avituallamentos e as facilidades para manter as categorías por idade (cousa que non sucede noutras carreiras).
Nestas datas, con tanto diluvio universal, non logrie atopar o momento de sair a facer trote de recuperación e tiven que conformarme con facer bici estática e exercicios de reforzo.
De momento queda pechado este capítulo e xa toca pensar na seguinte, a de Érguete en Bouzas dentro de 12 días. Espero non facelo peor