Mér, 04 Xuñ 2008, 19:29
Asunto: MENTIRA: NON HAI TAL CARREIRA EN OURENSE
Qué carreira nocturna de Ourense?
Eu, a falta de 20 días ainda non vín que exisites tal carreira en ningun foro, en ningún programa, en ningún calendario.
E mentira, seguro. E unha inocentada. E de feito ¿non será unha inocentada que nos queren gastar aos aldeanos de Celanova?
Os corredores do Pato Blanco - en número de 21 - participamos na 1ª edición do Maratón do Miño, en detrimento da Media de Pontevedra á que viñamos acudindo desde facía 6 anos.
Os corredores de Pato Blanco levamos 20 anos correndo na carreira de Ourense por excelencia - o San Martiño - , participando na última edición 21 corredores.
Os corredores do Pato Blanco só estamos implicados nunha UNICA CARREIRA EN TODO O ANO (A NOCTURNA DE CELANOVA), na que ademáis de cariño podemoslle brindar aos que nos visiten un fermoso casco histórico, e ata CEA a todolos participantes. Pero sobre todo a singularidade dunha carreira que loita paso a paso para se configurar no calendario atletico galego.
Aos eventuais organizadores: ¡por favor, teñen provas dabondo - San Martiño, Maratón do Miño, Festas do Couto, Camiñada de 50 quilómetros, provas pseudoprofesionais nas Pistas de Monterrei, ....-. Teñen que PISOTEAR unha iniciativa dunha vila tan proxima e vencellada coma Celanova?.
Máxime cando a data da NOCTURNA DE CELANOVA xa está fixada desde fai máis dunha semana, e a PRESUNTA de OURENSE ainda non está en NINGÚN SITIO.
Esto convencido de que contaremos en todo caso con feixes de populares da propia capital, do Pabellón, do Burgas, de Allariz, de Verín, de Carballiño,de Porriño, de Vigo, de Noia, de Outes, de Lugo, e de Portugal amigos de toda Galiza.
As rúas de La Habana teñen pintadas institucionais que dín:
"Señores imperialistas, no les tenemos ningún miedo".
Ata o día 28 en Celanova