Lun, 26 Mai 2008, 10:30
Asunto: Re: 10 Km da COCA em Monção - prova entre Monção e Salva
Pois a verdade é que eu iba con todo tipo de prevencións a esta carreira, pois o meu estado físico non é precisamente óptimo. Despois dos meus problemas musculares na Vig Bay decidín darme un mes enteiro de descanso absoluto acompañado de estiramentos e fisioterapia, así que ata o luns pasado non din pancada... literalmente. Ou sexa, que fun a Monçao con dous días de entreno: o luns (4 kms.) e o mércores (7 kms.) ... como vedes levei unha preparación de primeira
O día da carreira quedei con
Aguita e familia para ir todos xuntos, xa que co día que facía a miña familia non estaba para facer o esforzo. O meu fillo pequeno andaba acatarrado e co tempo que fixo finalmente foi o máis prudente quedar na casiña.
Saímos con tempo suficiente (en contra do que fago habitualmente) gracias a que
Aguita é un home prudente e ben organizado... non coma outros

Chegamos con tempo de dar unha volta, tomar uns cafeses (a un prezo que xa quixera eu ver en España e dunha calidade case inmellorable) e recoller os dorsais. Alí atopamos ao compañeiro
LinkinPark e volta á cafetería, onde había un trafego inenarrable de corredores hacia os baños
Voltamos ao coche para cambiarnos e, mentras me untaba cunha crema para quentar os músculos (coas lesións non se xoga), poño o Forerunner a localizar satélites a carón dun xardín, no chan... xa que estabamos moi perto da muralla da fortaleza e non había moita "cobertura" de satélites. Comentolle a Aguita que me controle o aparello non vai ser que saia voando mentres me dou a volta para aplicarme vaselina... e niso que pasan varios corredores que fan o amago de agacharse a collelo. "
¡¡Eh! !¡¡Que iso ten dono!!" lles berramos... e cando se dan a volta descubrimos que un deles é
Carlos Adán. Achegámonos e nos pregunta que por qué o deixamos no chan. Lle digo que está collendo sinal e me dí que sinal de qué. "
Do satélite. E que vai con GPS[/b]". Carlos Adán pon cara de "[i]entre sorpresa e incredulidade", despídese e vaise. Esta historia ten segunda parte... por certo.
En fin, que estiramos e quentamos un pouco, costa arriba, costa abaixo, intentando adiviñar o percorrido exacto e localizar algún lugar para dar o tirón final 8O. Cando quedan menos de 10 minutos para a hora achegámonos á saída e alí atopamos a máis foreiros: o meu compañeiro de
Pastelorum A Nacho S1600, que me comenta que pensa doblar carreira o fin de semana... xa que o domingo vai participar en Betanzos e quere sumar moitos puntiños para o equipo, un compañeiro do que non lembro agora o nick co que coincidín na comida post Vig Bay e se me presenta
Sócrates (un pracer), que di que non participa moito no foro pero que nos lee.
Chega o momento da saída, sona un silbato e ¡veña! todos en tromba. De súpeto, a uns 50 metros, parón. Tropezón e volta a arrincar. Caras de sorpresa. Protestas. ¿Qué sucede? Que hai que volver a saír... din que non podemos saír. Momentos de espectación e dúbidas. Comentarios sarcásticos e volta a empezar. Pero non saimos e xa van máis de 5 minutos. Os das primeiras filas empezan a quentar de novo e como chove nós tamén volvemos quentar... porque co para arranca xa estabamos fríos outra vez. As caras de risa iniciais mudan en caras de cabreo. Algúns corredores e corredoras portugueses falan con alguén da organización e medio entendo que non puideron cortar o tráfego da ponte internacional e que haberá que agardar ainda uns 10 minutos. O
speeker da carreira fai comentarios do tipo "
Os amigos condutores nom queren parar porque a gasolina está máis barata na Espanha e tenhen presa... e os espanhois venhen aquí mercar bacalhau e tamén tenhen presa" e lindezas dese estilo. Finalmente, e creo que con media hora de retraso, saímos.
En vista do meu estado físico procuro non forzar moito na primeira volta e me pasa prácticamente todo o mundo. De feito, quedeime detrás dunha parella de mulleres entradiñas en anos a un ritmo moi conservador (alomenos en comparación co resto da xente). Ao pouco adiantame unha muller de Veteranos de Galicia que mantiven á vista durante toda a primeira volta. Non teño aquí os tempos por km., pero fixen case todos os kms. un pouco por debaixo dos 5'/km (excepción feita do km. da famosa subida do supermercado Modelo). Ainda sen rematar a primeira volta, e visto que o meu abductor case non se queixa, subo un pouco o ritmo e adianto ás mulleres que levaba de referencia e máis algún outro corredor... pero pouco máis. Na segunda volta apreto un pouco, pero sempre con prudencia. Unha vez pasada a famosa costa, e como quedan menos de 2 kms. para rematar, acelero algo máis. Xa pasara á corredora de Veteranos, e diante levaba como a uns 300 metros a outra corredora galega. Por un momento pensei que non me daría tempo a adiantala, pero xusto na curva anterior á costa de chegada (por certo, menuda gracia o de rematar en costa e con adoquín) deina pasado e aguantei os derradeiros 100 metros. Os berros de ánimo de
Aguita e familia e
Linkinpark teñen bóa parte da culpa de que apretara ó final un anaco máis. No arco de meta vexo que marca 50'5'', e finalmente debín pasar no 50'10''. Non está mal. Dou por bó un ritmo de 5'01''/km. no meu reencontro coas carreiras despois da lesión e do pouco/nengún entrenamento. Esta semana máis... e o sábado que ven vémonos en Gondomar (de España) no Memorial Manuel Barros.
Durante o quecemento (e post-quecemento) e carreira choveu bastante (especialmente na segunda volta) pero foi chegar á meta e deixar de chover... e incluso saír o sol. Como dixo
Linkinpark "
o p**o Murphy"... ¡que mala h****a!
A organización moi ben... salvo o problema do tráfico, que non sabemos a ciencia certa a quén atribuirllo... como tiñan que colaborar dúas policías municipais de dous países distintos con dous horarios diferentes, a GNR e demáis supoño que uns por outros...

. Por certo, control con chip... pero non de Championchip... charanga tocando música tipo batukada como no MAPOMA.
A bolsa de corredor moi correcta: camiseta sen publicidade, pero co debuxo coa "
Coca" como a de Redondela, plátano,
sumo de laranja en brik, boliñas de chiculate, auga, dúas gorras coa publicidade do supermercado da famosa costa... en fin... máis que correcta para ser de balde.
Como temos presa (eu tiña un compromiso en Vigo antes das 9 da noite e o retraso na saída meteume máis presa do normal) despedímonos de vamos rápido a cambiarnos. Chegados ao aparcamento vemos outravolta a
Carlos Adán e o felicitamos (12 da xeral e primeiro galego, creemos). Comenta un compañeiro del que eu levaba lastre extra (polo Forerunner) e volven a preguntar polo do GPS e lle mostro que, en efecto, marcaba os parciais por km. e que se podía ver a ruta feita na pantalla e penso que o bó do home alucinou... alomenos algo así comentou... que cánto costaba iso e demáis. En fin, que foi moi amable... esa foi a impresión que nos causou ao grupiño.
E pouco máis... volta rápida a Vigo sen ducharnos e mollando a tapicería do coche de
Aguita... sintoo, meu, sempre tan amable. Non hai nada que perdoar... si tal o feito de que esquecin o dorsal de Khene no teu coche. Un pracer viaxar convosco... menos cando pechas as ventaniñas do coche...

sen avisar.