Mar, 27 Mai 2008, 16:03
Asunto: Re: Media maraton volta a ría de betanzos
Ola a tod@s.
Pois non cumprin o obxectivo por moito, 1:30:41. Onte atopei a explicación ás molestias de todo tipo: a gripe... e eu pensando que si non durmira ben, que si comera de máis.... Onte luns erguinme e tiven que volver a cama e durmir toda a mañá

, e cando puiden comigo ao médico.
Cheguei moi cedo, antes das 10h, todo moi cómodo e rápido, até con tempo para cafe e quecemento tranquilo.
Antes da saida coñecin a
xoixe, saúdos para Arousa
Sain co ritmo previsto pero nos primeiros 12 minutos xa notei que a cousa non ía ben, molestias no estomago e un punto demasiado cedo, ao sol non ía ben, e á sombra tiña frio.... mesmo pensei en parar, pero non, hai que rematar

, reducir o ritmo para aguantar, e conseguin chegar ao final.
O cansancio estaba en todo o corpo menos nas pernas.
A carreira ten un recorrido precioso e moi compensado, as costas non son tan duras e desde logo menos que a de Coia. É unah pena que a participación non sexa maior, porque de verdade que é unhas das pasaxes máis bonitas que coñezo.
Agora recuperandome do ataque dos virus...
Saudos e parabéns á organización e até o ano que ben (se os virus queren)