Sáb, 28 Xuñ 2008, 22:19
Asunto: III CTO GALEGO ORI-SPRINT CIDADE DE PONTEVEDRA
Hola amigos e amigas:
efectivamente vimos de correr a carreira de ori-sprint en Pontevedra un día de calor cun mapa moi bo, agás o do percorrido 7 que tiña o inconveniente de que os números de control e de código non se notaban ben dado que a cor usado para controis, números e liñas de dirección era moi escuro e coincidía coa cor dos edificios.
Corremos, Urko, Telmocho, Andrea, Sara, Jacobo e Eu, o noso foreiro jms7 está no Cto de España escolar en Asturias onde ven de quedar 3º de España na proba de sprint e 4º nos relevos co equipo galego, aínda está por terras astures, pero o éxito é extraordinario.
Andrea gañou na súa categoría, Sara gañou en Iniciación curta correndo acompañada, Jacobo foi quen de, con 9 anos correr só, aínda que tivo algún despiste, Telmocho foi 3º na súa categoría, Urko non sei a súa clasificación e eu quedei quinto, un posto por detrás do conseguido o ano pasado. Este ano o maior contratempo foi que perdín a tarxeta e tiven que voltar sobre os meus pasos uns 200m. ata atopala, e alá se me foron as miñas escasísimas posibilidades de podio.
As probas sprint son moi rápidas e moi doadas por tratarse de cidade,e é moi divertido correr mentras a xente que fai a súa vida normal na cidade te mira abraiado sen acertar a comprender que raios andan facendo tantas persoas con papeis na man, correndo como tolos dun lado para outro.
Pena que en Galicia teñamos tan poucas probas deste tipo, son moi frecuentes noutros lugares. Tamén son moi divertidas este tipo de probas sprint cando se fan de noite coa axuda dos frontais, cando saiba dalgunha deste tipo xa avisarei.
Un saúdo moi afectuoso a tódolos foreiros participantes na proba de Pontevedra e os meus parabéns a Urko, Telmocho, Andrea, Jacobo, Sara e demais triunfadores deta carreira.
Espero a crónica de Urko, a ver que lle pareceu a el